No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 100, do 5 de abril de 2026, foron publicadas integramente as bases que van regular a convocatoria para prover, por promoción interna, unha praza de oficial de obras e servizos, pertencente ao cadro de persoal laboral, grupo C2, a través do proceso selectivo de concurso-oposición.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando cumpra de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.
Castroverde, 8 de maio de 2026
Xosé María Arias Fernández
Alcalde
