DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 11 de xuño de 2026 Páx. 33878

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Corcubión

ANUNCIO de emenda da aprobación inicial do Plan especial de protección e ordenación do conxunto histórico de Corcubión.

Mediante a Resolución da Alcaldía número 463/2024, do 10 de decembro de 2024, emendada pola Resolución da Alcaldía número 483/2026, de 20 de maio de 2026, foi aprobado inicialmente o Plan especial de protección e ordenación do conxunto histórico de Corcubión, e na súa parte dispositiva disponse o seguinte:

Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de protección e ordenación do conxunto histórico de Corcubión (PEPOCH), promovido por este concello, elaborado pola empresa Kenda Urbanismo, Ingeniería y Territorio, S.L.

Segundo. Someter o referido instrumento do plan especial a un período de información pública, durante o prazo de dous meses desde a publicación do anuncio de aprobación inicial no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión na provincia e no taboleiro de anuncios e sede electrónica deste concello. Durante o período de información pública poderá examinar o dito plan calquera persoa e formular as alegacións que procedan.

Para tales efectos, queda á disposición das persoas interesadas o expediente administrativo tramitado para que poida ser examinado na Secretaría municipal durante o período de información pública.

Así mesmo, o documento estará á disposición das persoas interesadas na sede electrónica do concello https://sede.corcubion.gal/sxc/es/

Terceiro. Notificarlles individualmente o trámite de información pública a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados polo ámbito do plan.

Cuarto. Requirir a emisión de informe preceptivo dos órganos e entidades administrativos xestores de intereses públicos afectados e que se relacionan a continuación:

• Delegación do Goberno.

• Confederación Hidrográfica Galicia-Costa.

• Ministerio de Industria, Comercio e Turismo (en materia de telecomunicacións), artigo 35 da Lei 9/2014.

• Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

• Axencia Galega de Infraestruturas (en materia de estradas).

• Augas de Galicia.

• Portos de Galicia.

• Dirección Xeral de Urbanismo (en materia do Plan de ordenación do litoral).

• Instituto de Estudos do Territorio (Lei da paisaxe).

Así mesmo, en aplicación do previsto no artigo 189 da Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, notificaráselles o dito acordo ás persoas propietarias dos bens de titularidade pública: Administración xeral do Estado (delegado de Economía e Facenda da provincia da Coruña) e Xunta de Galicia (Consellería de Facenda).

Quinto. Suspender o outorgamento das licenzas de parcelación, edificación e demolición na totalidade do ámbito do Plan especial de protección e ordenación do concello de Corcubión (PEPOCH).

Non obstante, de acordo co establecido no artigo 86.3 do Regulamento da Lei do solo de Galicia, a suspensión de licenzas non afectará:

a) As obras de mantemento, conservación e reforma, salvo no caso de obras de rehabilitación integral que sexan equiparables á reconstrución total do edificio non xustificadas en razóns de urxencia ou que supoñan un aumento do volume edificado.

b) As licenzas de primeira ocupación.

c) Os proxectos que cumpran simultaneamente o instrumento de planeamento en vigor (Plan especial do conxunto histórico Corcubión, PECH, e Normas Subsidiarias do Concello de Corcubión) e o Plan especial aprobado inicialmente.

d) Os actos suxeitos ao trámite de comunicación previa, sempre e cando se trate de obras ou actos para a implantación de usos ou actividades autorizados polo novo planeamento.

A suspensión de licenzas terá unha duración máxima de dous anos, contados desde a aprobación inicial do Plan especial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento (artigo 47.2 LSG).

Esta suspensión publicarase conxuntamente coa aprobación inicial.

Mentres dure a suspensión de licenzas, poderán autorizarse usos e obras provisionais nos termos do artigo 89 da LSG e do artigo 204 do RLSG.

Corcubión, 21 de maio de 2026

Francisco Javier Domínguez Traba
Alcalde presidente