DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 11 de xuño de 2026 Páx. 33881

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cortegada

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle do parque termal.

Mediante a Resolución da Alcaldía que se achega con este documento aprobouse inicialmente o seguinte estudo de detalle:

Tipo de instrumento: estudo de detalle.

Ámbito: parque termal de Cortegada.

Instrumento que desenvolve: estudo de detalle do Plan especial do parque termal.

Obxecto:

Clasificación do solo: a establecida no Plan xeral de ordenación municipal e no Plan especial do parque termal de Cortegada.

Calificación do solo: a establecida no Plan xeral de ordenación municipal e no Plan especial do parque termal de Cortegada.

De conformidade co artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, así como no artigo 194.2 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición das persoas interesadas na sede electrónica deste concello http://cortegada.sedelectronica.es

Así mesmo, suspéndese o outorgamento das seguintes licenzas nas áreas afectadas polo estudo de detalle e cuxas novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente, que son as seguintes:

Áreas obxecto de suspensión de licenzas

Tipo de licenza

Plan especial do parque termal de Cortegada

Licenza de parcelamento de terreos,
edificación e demolición

A duración da suspensión será ata a aprobación definitiva deste estudo de detalle.

Se transcorrido o devandito prazo non se presentaron alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.

Cortegada, 5 de xuño de 2026

Avelino Luis de Francisco Martínez
Alcalde