O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 14.5.2026, acordou aprobar inicialmente o documento denominado «Modificación puntual núm. 27 do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña no ámbito do polígono M22 Parque do Agra. Documento para aprobación inicial. Abril 2026», presentado por Dricar de Inversiones, S.L. o 5.5.2026, redactado por Fernández Carballada y Asociados, S.L.P. e asinado polos arquitectos Álvaro Fernández Carballada e Beatriz Aneiros Filgueira, cos números de COAG 1047 e 2137, respectivamente.
En cumprimento do disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 144.6 e 207 do seu regulamento (aprobado por el Decreto 143/2016), o expediente sométese a información pública por un prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar a modificación puntual e formular as alegacións que procedan.
De conformidade co Acordo do Pleno do Concello do 31 de xullo de 2025 polo que se aprobou o convenio urbanístico de planeamento para a execución da sentenza número 620/2015, do 15 de outubro, ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, relativa ao POL M22 Parque do Agra do Plan xeral de ordenación municipal, faise constar que o citado convenio, asinado o 20 de xuño de 2024 e identificado co código CSV 3I1G0D4017491N400C0W, forma parte da documentación integrante do documento técnico sometido a información pública, polo que a súa exposición ao público se realiza conxuntamente coa presente modificación puntual, de conformidade co disposto no artigo 402.1 do Regulamento da Lei do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.
A documentación estará á disposición no taboleiro de anuncios e edictos da sede electrónica do Concello da Coruña, na epígrafe «Información urbanística», e no visor de desenvolvemento do planeamento, accesible a través da seguinte ligazón: https://ide.coruna.gal/visorPlaneamiento/
Así mesmo, poderase consultar presencialmente nas dependencias da Área de Planificación Estratéxica do Concello da Coruña, situadas no Palacio Municipal de María Pita (praza de María Pita, 1), das 9.00 ás 13.00 horas de luns a venres, mediante cita previa, que se deberá solicitar no teléfono 981 18 42 00, extensión 10241.
A Coruña, 20 de maio de 2026
A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP núm. 123, do 27 de xuño)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica
