O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 14.5.2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
«Primeiro. Aprobar definitivamente o documento denominado “Estudo de detalle das parcelas de equipamento deportivo Agra e IES Agra do Orzán para a ordenación de volumes e concreción de condicións estéticas, parcelas catastrais 6716003NJ4061N0001ML e 6716004NJ4061N0001OL, Concello da Coruña”, co CSV 0T15 4N4K 5P6X 6O2Z 17AX, promovido pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, redactado polo equipo redactor Terceroderecha Arquitectos, co número de COAG 20310, e asinado polo técnico Jorge Álvarez.
Segundo. Dilixenciar o documento e realizar os trámites previstos no artigo 199 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei do solo de Galicia, para a súa entrada en vigor.
Terceiro. Notificar este acordo ao promotor do documento e aos servizos e departamentos municipais interesados na tramitación do expediente».
O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo; e de forma dixital na sede electrónica deste Concello, na páxina web https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe «Planeamento urbanístico → Planeamento vixente», ou ben, desde a mesma páxina web, a través do visor «Desenvolvemento do plan».
Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento) no prazo máximo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.
A Coruña, 21 de maio de 2026
A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda
