O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, na súa xuntanza do día 24 de novembro de 2025, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante un convenio coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes) para os anos 2026, 2027 e 2028. As ditas bases foron publicadas mediante a Resolución do 30 de decembro de 2025 (DOG núm. 10, do 16 de xaneiro de 2026).
Xunto co texto das ditas bases publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio (anexo VII). Este anexo foi substituído mediante a corrección de erros publicada no DOG número 26, do 9 de febreiro de 2026.
Posteriormente, o 3 de xuño de 2026 adheriuse a entidade financeira Banca Popolare Etica Sociedad Cooperativa Per Azione sucursal en España, polo que cómpre facelo público.
Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Único. Engadir a entidade financeira Banca Popolare Etica Sociedad Cooperativa Per Azione sucursal en España á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao financiamento das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as sociedades de garantía recíproca (financiamento Igape-pemes).
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2026
Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
