DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 12 de xuño de 2026 Páx. 34103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 26 de maio de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20260097TACO, por infraccións en materia sanitaria.

Visto que non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 20260097TACO incoado a Z4027223C, de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, LPACAP), procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Dado que non se publica na súa integridade, de conformidade co artigo 46 da LPACAP, o texto íntegro deste acto administrativo está ao dispor das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga 3, A Coruña (andar 4º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da LPACAP, ten dereito a formular alegacións ante o departamento territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa notificación. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da LPACAP.

A Coruña, 26 de maio de 2026

Cristina Pérez Fernández
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 20260097TACO.

DNI/NIF/CIF: Z4027223C.

Último enderezo coñecido: avenida de Oza 192, 2º, 15006 A Coruña.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria de medidas fronte ao tabaquismo.