DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 12 de xuño de 2026 Páx. 34073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 1 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto Instalación de almacenamento de enerxía eléctrica en baterías (BESS) Bess Beariz de 49'73 MW, no concello de Beariz (Ourense) (expediente 2025/0131).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 29 de maio de 2026 do proxecto Instalación de almacenamento de enerxía eléctrica en baterías (BESS) «Bess Beariz» de 49’73 MW, no concello de Beariz (Ourense), promovido por Bess Development 7, S.L.U.

Este informe poderase consultar na ligazón https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade