DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 12 de xuño de 2026 Páx. 34072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 26 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual número 4 das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Begonte para a delimitación do núcleo rural do Marco (expediente 2026AAE3075).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 25 de maio de 2026 sobre a modificación puntual nº 4 das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Begonte para a delimitación do núcleo rural do Marco.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://medioambiente.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2026AAE3075).

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade