DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 12 de xuño de 2026 Páx. 34040

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2026, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 8 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR352B).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e a cantidade concedida.

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, por delegación do conselleiro.

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.322C.481.8 da Orde do 8 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR352B).

As persoas interesadas poden acceder e consultar a lista de persoas beneficiarias das subvencións, coa indicación da convocatoria e a contía da subvención concedida, na seguinte ligazón:

https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias/852491/concesiones

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2026

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
P.V. (D.A. segunda do Decreto 147/2024, do 20 de maio;
DOG núm. 101, do 27 de maio)
Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego