
O día 16 de abril de 2026, David Cabanelas Lorenzo, en representación da empresa Valora Marine Ingredients, S.L., presentou un recurso de alzada contra a Resolución do 16 de marzo de 2026, da directora da Axencia Galega de Innovación, en que solicita «que se dite resolución valorando o recurso de alzada presentado para o proxecto Simblue, con número de expediente IN852A 2025/42, polas razóns expostas no corpo deste escrito, sen imposición de sanción ningunha, e con canto máis proceda en dereito».
O recorrente non estaba conforme coa cualificación da súa participación no proxecto Simblue como desenvolvemento experimental. Na resolución de concesión determinouse que as actividades que realizaría a empresa Valora Marine Ingredients, S.L. dentro do proxecto, segundo as definicións que se encontran no anexo VIII da convocatoria, se axustarían á tipoloxía de desenvolvemento experimental.
O recorrente entende que a solicitude non debería ser cualificada como de desenvolvemento experimental, senón que se atoparía dentro da tipoloxía de investigación industrial. Isto, segundo a táboa dos límites de intensidade recollida no artigo 7 das bases da convocatoria, suporía que á entidade en vez de corresponderlle unha porcentaxe de subvención do 40 % pasaría a corresponderlle un 60 %. En consecuencia, o importe total da subvención concedida pasaría de 89.916,33 € a 134.874,50 €.
Unha vez analizadas as alegacións presentadas, o día 6 de maio de 2026 o persoal técnico do Departamento de Xestión de Axudas da Axencia Galega de Innovación elaborou un informe técnico de carácter favorable ao dito recurso, considerando a participación da entidade no proxecto como investigación industrial e outorgándolle unha porcentaxe de subvención do 60 %.
En conclusión, segundo o informe técnico referido, os motivos que alega o recorrente enténdense suficientes como para estimar o recurso presentado.
De acordo co exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Modificar o punto primeiro da Resolución do 18 de febreiro de 2026, da directora da Axencia Galega de Innovación, na parte que fai referencia ao proxecto con acrónimo Simblue, que queda redactado segundo se establece no anexo I relacionado a continuación.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, segundo o disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2026
Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de innovación
ANEXO I
Solicitudes concedidas
|
Expediente |
Acrónimo |
Título do proxecto |
Ámbito estratéxico |
Puntos |
NIF |
Entidade |
Líder |
Tipo proxecto concedido á entidade |
% |
Custo total (€) |
Subvención anualidade 2026 (€) |
Subvención anualidade 2027 (€) |
Subvención anualidade 2028 (€) |
Subvención total (€) |
|
IN852A 2025/42 |
Simblue |
Ferramenta de simbiose industrial para o sector mar-industria |
Economía circular |
76,5 |
1.163.248,07 |
268.544,77 |
234.207,98 |
195.196,10 |
697.948,85 |
|||||
|
B27752641 |
Esquío Ingeniería, S.L. |
S |
Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresas, polo menos unha das cales debe ser peme e que ningunha corra por si soa con máis do 70 % dos custos subvencionables. |
60 |
247.246,42 |
50.126,56 |
52.215,16 |
46.006,13 |
148.347,85 |
|||||
|
B27869270 |
Maremal, Agencia de Consultoría en Innovación, S.L.L. |
N |
Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresas, polo menos unha das cales debe ser peme e que ningunha corra por si soa con máis do 70 % dos custos subvencionables. |
60 |
181.916,47 |
37.339,92 |
37.899,34 |
33.910,62 |
109.149,88 |
|||||
|
B36881415 |
Soltec Ingenieros, S.L. |
N |
Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresas, polo menos unha das cales debe ser peme e que ningunha corra por si soa con máis do 70 % dos custos subvencionables. |
60 |
252.352,17 |
67.894,34 |
45.153,10 |
38.363,86 |
151.411,30 |
|||||
|
B15717663 |
Valora Marine Ingredients, S.L. |
N |
Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresas, polo menos unha das cales debe ser peme e que ningunha corra por si soa con máis do 70 % dos custos subvencionables. |
60 |
224.790,82 |
64.474,59 |
43.892,49 |
26.507,42 |
134.874,50 |
|||||
|
B36880094 |
Visual Publinet, S.L. |
N |
Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresas, polo menos unha das cales debe ser peme e que ningunha corra por si soa con máis do 70 % dos custos subvencionables. |
60 |
256.942,19 |
48.709,36 |
55.047,89 |
50.408,07 |
154.165,32 |
