Mediante a Resolución reitoral do 15 de outubro de 2025 (DOG do 28 de outubro de 2025 e BOE do 27 de novembro de 2025), convocáronse probas selectivas para cubrir vinte e dúas prazas na escala de arquivos, bibliotecas e museos (subgrupo C1) da USC e nomeouse o tribunal cualificador das ditas probas selectivas.
Na base 5.3 da Resolución do 15 de outubro de 2025 disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomean os novos membros que teñan que substituír os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas.
De conformidade coa mencionada base, a reitora resolve:
Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Begoña Botana Meijide, funcionaria de carreira da escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos da USC, nomeada como vogal titular do tribunal cualificador.
Segundo. Nomear a Sara Cid Álvarez, funcionaria da escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, como vogal titular en substitución de Begoña Botana Meijide.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun (1) mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo mencionado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2026
Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela
