Por acordo da Xunta de Goberno Local, con data do 12 de maio de 2026, aprobouse inicialmente o seguinte estudo de detalle:
Tipo de instrumento: estudo de detalle.
Ámbito: predio Feira Arcade, R.C. 36053A015016940000XU, 36053A015016950000XH, 36053A015016960000XW y 36053A015016960001ME.
Instrumento que desenvolve: PXOM.
Obxecto: completar a ordenación urbanística das parcelas catastrais 1694, 1695 e 1696.
Clasificación do solo: solo urbano consolidado.
Cualificación do solo: Ordenanza Z3 do PXOM.
De conformidade co artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, así como no artigo 194.2 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública por prazo de dun mes, contado desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no xornal.
Durante o período de información pública, quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición das persoas interesadas na sede electrónica deste concello http://soutomaior.sedelectronica.es
Así mesmo, suspéndese o outorgamento das licenzas nas áreas afectadas pola aprobación do estudo de detalle, e que son as seguintes: parcelas catastrais: 36053A015016940000XU, 36053A015016950000XH, 36053A015016960000XW e 36053A015016960001ME.
Soutomaior, 21 de maio de 2026
Manuel A. Lourenzo Sobral
Alcalde
