DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 12 de xuño de 2026 Páx. 34175

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboada

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de traballador/a social na modalidade de persoal funcionario interino por programas.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 128, do 6 de xuño de 2026, foron publicadas integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover, mediante concurso-oposición, unha praza de traballador/a social na modalidade de persoal funcionario interino por programas, cuxas características son:

Grupo: A.

Subgrupo: A2.

Denominación: traballador/a social.

Núm. de vacantes: 1.

Duración: máximo, tres anos.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria e das bases no Boletín Oficial da provincia de Lugo.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan e de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica da Corporación https://taboada.sedelectronica.gal

Taboada, 8 de xuño de 2026

Roi Rigueira Agromartín
Alcalde