DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 15 de xuño de 2026 Páx. 34380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 2 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto Planta de almacenamento e valorización de residuos non perigosos (RCD) no lugar da Zamorana, na parroquia de Pazos de San Clodio, no concello de San Cibrao das Viñas (Ourense) (expediente 2025/0005).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 1 de xuño de 2026 do proxecto Planta de almacenamento e valorización de residuos non perigosos (RCD) no lugar da Zamorana, na parroquia de Pazos de San Clodio, no concello de San Cibrao das Viñas (Ourense), promovido por Multiservicios Fernandez Sotelo, S.L.

Este informe poderase consultar na ligazón https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade