Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puido efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto do parque eólico Outes, nos concellos de Mañón e Ortigueira (A Coruña) promovido por Sistemas Enerxéticos Mañón-Ortigueira, S.A. (exp. IN408A 2023/064), segundo o calendario e o horario recollidos no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2026
Manuela Fernández Caloto
Xefa do Servizo de Coordinación de Enerxías Renovables
ANEXO
Relación de persoas interesadas convocadas ao levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados descoñecidas, con enderezo ignorado ou sen notificación efectuada
|
Predio |
Convocatoria |
Persoa ou razón social |
|||||
|
Nº predio |
Pol. |
Parc. |
Lugar |
Día |
Hora |
Concello |
Nome e apelidos |
|
37 |
26 |
43 |
Rega do Pozo |
22.7.2026 |
12.00 |
Mañón |
Dolores Formoso Pena |
|
37 |
26 |
43 |
Rega do Pozo |
22.7.2026 |
12.00 |
Mañón |
Rodolfo Formoso Pena |
|
40 |
25 |
10 |
Regadío |
22.7.2026 |
12.00 |
Mañón |
Dolores Formoso Pena |
|
40 |
25 |
10 |
Regadío |
22.7.2026 |
12.00 |
Mañón |
Rodolfo Formoso Pena |
