De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 4 de marzo de 2025 (Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo) para cubrir con persoal laboral fixo dúas prazas da categoría profesional de socorrista, grupo III, unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de socorrista as persoas que superaron o proceso selectivo pola quenda de promoción interna e que se relacionan no anexo desta resolución.
Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que algunha persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a sinatura do contrato comezará a partir do día hábil seguinte ao da data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, nas que se poderá asinar o contrato durante esta situación.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mencionado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2026
Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
|
Número de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
|
1 |
***2249** |
Gómez Paredes, Jesús |
|
2 |
***9118** |
Moreira España, Mª Begoña |
