DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 15 de xuño de 2026 Páx. 34427

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Eidos

ANUNCIO da convocatoria da asemblea extraordinaria.

Javier Álvarez Fagúndez, con DNI ***0366**, e actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Eidos, mediante este anuncio convoco o vindeiro día 11 de xullo de 2026, na Casa de Montes de Baíña (Baiona-Pontevedra), ás 17.00 horas horas en primeira convocatoria e ás 17.30 horas en segunda, a asemblea extraordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, se é o caso, do que proceda:

1. Renovación da concesión da comunidade.

2. Ratificación da Xunta Directiva.

Baiona, 21 de maio de 2026

Javier Álvarez Fagúndez
Presidente da Comunidade de Usuarios de Eidos