A Xunta de Goberno Local, na sesión do 15 de maio de 2026, acordou o nomeamento como persoal funcionario de carreira, con cargo ás prazas vacantes ofertadas na oferta de emprego público 2020-2021-2022, de administrativo/a da Administración xeral, enmarcadas no grupo C de titulación, subgrupo C1; escala, Administración xeral; subescala, administrativa; por promoción interna de:
• A. Vila Rodríguez, con DNI ***7993**.
• S. Rodríguez Miguélez, con DNI ***8562**.
• M. Fernández Guimeráns, con DNI ***2349**.
• M. C. Collazo Saavedra, con DNI ***6396**.
• M. Jorge Álvarez, con DNI ***2564**.
• I. M. Álvarez Canella, con DNI ***3259**.
• R. Iglesias Blas, con DNI ***5364**.
As persoas interesadas deberán tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia. De non facelo, procederase a declaralas en situación cesante e consecuentemente decaídas no seu dereito.
A este nomeamento dáselle publicidade conforme o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación de función pública vixente.
Vigo, 22 de maio de 2026
O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 15.5.2026)
Francisco Javier Pardo Espiñeira
Segundo tenente de alcalde e concelleiro
da Área de Goberno de Fomento, Servizos e Deportes
