Aprobáronse, por Acordo da Xunta de Goberno Local do 28.5.2026, as bases e a convocatoria para cubrir tres (3) prazas vacantes de técnico/a de asuntos económicos, técnico/a de servizos sociais e técnico/a de xestión cultural do Concello de San Cibrao das Viñas, pola quenda de promoción interna, incluídas na OEP para o ano 2026, mediante concurso-oposición.
No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 107, do 9.6.2026, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a provisión, por promoción interna mediante concurso-oposición, das prazas vacantes obxecto da convocatoria cuxas características son:
|
Grupo de clasificación |
Núm. vacantes |
Denominación |
Natureza |
|
Grupo A2 |
1 |
Técnico/a de asuntos económicos |
Funcionario/a |
|
Grupo II |
1 |
Técnico/a de servizos sociais |
Laboral |
|
Grupo II |
1 |
Técnico/a de xestión cultural |
Laboral |
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado para as prazas de carácter funcionarial e no Diario Oficial de Galicia para as prazas de carácter laboral.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica do concello https://sancibrao.sedelectronica.es e, de ser o caso, no taboleiro de anuncios para maior difusión.
San Cibrao das Viñas, 9 de xuño de 2026
Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa
