DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 15 de xuño de 2026 Páx. 34424

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo para a cobertura, pola quenda de promoción interna, dunha vacante de oficial incluída na oferta de emprego público de 2024.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 20 de marzo de 2026 aprobouse a convocatoria e as bases do proceso de selección para a cobertura, pola quenda de promoción interna, dunha vacante de oficial do Concello da Guarda correspondente á oferta de emprego público de 2024, que son publicadas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 83, do 5 de maio de 2026.

As bases íntegras publicaranse na sede electrónica do Concello da Guarda www.aguarda.sedelectronica.gal

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

A Guarda, 6 de maio de 2026

Roberto José Álvarez Carrero
Alcalde