DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 15 de xuño de 2026 Páx. 34419

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de notificación aos titulares descoñecidos do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos, e/ou se ignora o lugar de notificación, resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 e da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Expediente

Data da acta de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

1907/2024

27.12.2024

36005A004002340000TJ

Ameal/pol. 4/parc. 234

Descoñecido

1633/2025

15.7.2025

36005A090000340000TB

Os Castaños/pol. 90/parc. 34

Descoñecido

2703/2025

19.11.2025

36005A024001700000TW

Gorgullón/pol. 24/parc. 170

Descoñecido

1883/2025

19.11.2025

36005A056004670000TF

Paradela/pol. 56/parc. 467

Sinda Castro S-S

870/2026

20.11.2025

36005A059005830000TG

Follente/pol. 59/parc. 583

Descoñecido

2710/2025

20.11.2025

36005A062006520000TT

Follente/pol. 62/parc. 652

Descoñecido

2819/2025

4.12.2025

36005A014019510000TQ

Rúa Ovellas

Amelia Porto S-S

2032/2025

16.12.2025

36005A029000650000TO

Ribocias/pol. 29/parc. 65

Descoñecido

2033/2025

16.12.2025

36005A029000670000TR

Ribocias/pol. 29/parc. 67

Manuela Silva S-S

2034/2025

16.12.2025

36005A029000710000TD

Ribocias/pol. 29/parc. 71

Ramón Valiñas S-S

2035/2025

16.12.2025

36005A029000720000TX

Ribocias/pol. 29/parc. 72

Carlos Gil Lavandeira

2900/2025

16.12.2025

36005A029000730000TI

Ribocias/pol. 29/parc. 73

Descoñecido

2040/2025

16.12.2025

36005A029000900000TG

Ribocias/pol. 29/parc. 90

Manuel Iglesias S-S

2044/2025

16.12.2025

36005A029000940000TT

Ribocias/pol. 29/parc. 94

Eudosia Casal S-S

2393/2025

16.12.2025

36005A034004940000TT

Igrexa/pol. 34/parc. 494

Descoñecido

2042/2025

16.12.2025

36005A029000920000TP

Ribocias/pol. 29/parc. 92

Descoñecido

2036/2025

16.12.2025

36005A029000760000TS

Ribocias/pol. 29/parc. 76

Descoñecido

1731/2025

22.12.2025

0170605NH3107S0001IX

Rúa José Salgado

Descoñecido

2935/2025

22.12.2025

36005A089002700000TZ

Somonte/pol. 89/parc. 270

María Caldas Buceta

2937/2025

22.12.2025

36005A089002660000TS

Somonte/pol. 89/parc. 266

Descoñecido

2945/2025

22.12.2025

36005A089002790000TP

Somonte/pol. 89/parc. 279

Descoñecido

2951/2025

22.12.2025

36005A089002600000TR

Somonte/pol. 89/parc. 260

Pedro Recouso Buceta

2952/2025

22.12.2025

36005A089002590000TX

Somonte/pol. 89/parc. 259

María Caldas Buceta

Considerando o anterior, e de conformidade co previsto nos artigos 7.d) e 22.10 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, en relación co establecido nos artigos 21.1.s) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 61.1.s) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia,

DISPOÑO:

Primeiro. Requirir a/as persoa/s responsable/s para que nun prazo máximo de quince (15) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), proceda a xestión de biomasa e/ou retirada das especie/s arbórea/s prohibidas sinalada/s na disposición adional 3ª da Lei 3/2007 sinalada/s anteriormente.

Segundo. Advertir, que en caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de novecentos euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fora inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a  través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto.

En todo caso, a contía mínima que se vai impor por multa coercitiva será de cen euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e  defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Terceiro. Advertir que, no caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. Unha vez transcorrido este prazo de catro anos, a Administración competente deberá reiterar o apercibimento para poder proceder ás actuacións materiais en que consista a execución subsidiaria. Ante a falta de atención do devandito apercibimento, a Administración competente realizará as súas accións de control durante os catro anos seguintes co obxectivo de que a xestión estea concluída, en todo caso, con anterioridade ao primeiro día de abril de cada ano.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos  traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito  que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser  o caso.

A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria, e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa e/ou retirada de especies arbóreas prohibidas establécese nas seguintes cantidades estimadas:

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Liquidación provisional

1907/2024

36005A004002340000TJ

0,0180 ha

71,16 €

1633/2025

36005A090000340000TB

0,0312 ha

27,30 €

2703/2025

36005A024001700000TW

0,0180 ha

71,16 €

1883/2025

36005A056004670000TF

0,1643 ha

649,50 €

870/2026

36005A059005830000TG

0,0187 ha

73,92 €

2710/2025

36005A062006520000TT

0,0546 ha

215,84 €

2819/2025

36005A014019510000TQ

0,0432 ha

170,78 €

2032/2025

36005A029000650000TO

0,0049 ha

19,37 €

2033/2025

36005A029000670000TR

0,0047 ha

18,58 €

2034/2025

36005A029000710000TD

0,0059 ha

23,32 €

2035/2025

36005A029000720000TX

0,0057 ha

22,53 €

2900/2025

36005A029000730000TI

0,0124 ha

49,02 €

2040/2025

36005A029000900000TG

0,0261 ha

103,18 €

2044/2025

36005A029000940000TT

0,0174 ha

68,78 €

2393/2025

36005A034004940000TT

0,0293 ha

115,83 €

2042/2025

36005A029000920000TP

0,0171 ha

67,60 €

2036/2025

36005A029000760000TS

0,0094 ha

37,16 €

1731/2025

0170605NH3107S0001IX

0,0780 ha

308,35 €

2935/2025

36005A089002700000TZ

0,0190 ha

75,11 €

2937/2025

36005A089002660000TS

0,0215 ha

84,99 €

2945/2025

36005A089002790000TP

0,0837 ha

330,88 €

2951/2025

36005A089002600000TR

0,0255 ha

100,81 €

2952/2025

36005A089002590000TX

0,0240 ha

94,88 €

Cuarto. Advertir que a falta de cumprimento das obrigacións indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais, e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Competencia de incoación do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007)

 Expedientes 1907/2024, 1633/2025, 2703/2025, 1883/2025, 870/2026, 2710/2025, 2819/2025, 2032/2025, 2033/2025, 2034/2025, 2035/2025, 2900/2025, 2040/2025, 2044/2025, 2393/2025, 2042/2025, 2036/2025, 1731/2025, 2935/2025, 2937/2025, 2945/2025, 2951/2025 e 2952/2025: a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que  se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada (artigo 54.1 da Lei 3/2007).

 Expediente 2703/2025: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (artigo 54.3 da Lei 3/2007 en relación cos artigos 21.1.s) LRBRL e 61.1.s) LALGA).

Competencia de resolución do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007)

 Expediente 1907/2024, 1633/2025, 2703/2025, 1883/2025, 870/2026, 2710/2025, 2819/2025, 2032/2025, 2033/2025, 2034/2025, 2035/2025, 2900/2025, 2040/2025, 2044/2025, 2393/2025, 2042/2025, 2036/2025, 1731/2025, 2935/2025, 2937/2025, 2945/2025, 2951/2025 e 2952/2025: serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia  forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal,  para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves (artigo 54.2 da Lei 3/2007).

 Expediente 2703/2025: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (artigo 54.3 da Lei 3/2007).

Cualificación da infracción:

Infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

Contía máxima da sanción pecuniaria que se vai impoñer no caso de infracción leve:

1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007.

No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

Sanción accesoria:

Sen prexuízo doutras que se poidan establecer no devandito procedemento, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Quinto. Advertir que, de conformidade co sinalado na Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a persoa responsable terá a obriga de poñer en coñecemento desta Administración o inicio e a realización dos traballos de xestión, e achegará neste último caso reportaxe fotográfica da súa realización. En ausencia da indicada comunicación, a Administración poderá considerar os traballos como non realizados mentres non conste proba en contrario.

Caldas de Reis, 25 de maio de 2026

Jacobo Pérez Gulín
Alcalde presidente