DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 15 de xuño de 2026 Páx. 34335

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2026 pola que se convoca o concurso ordinario para a provisión de sesenta e nove postos de traballo vacantes, correspondentes ao persoal funcionario técnico, de xestión e de administración e servizos.

Mediante a Resolución reitoral do 3 de xuño de 2026 apróbase a convocatoria do concurso ordinario para a provisión de sesenta e nove postos de traballo vacantes, correspondentes ao persoal funcionario técnico, de xestión e de administración e servizos da Universidade da Coruña.

A dita convocatoria faise de acordo co que dispón a lexislación vixente seguinte:

– Artigo 20 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública.

– Artigo 79 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

– Artigos 90 e seguintes da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

– Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico.

– Real decreto 364/1995, do 10 de marzo (BOE do 10 de abril), que aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado .

– Resolución da Universidade da Coruña do 25 de xuño de 2024 pola que se fai pública a relación de postos de traballo do persoal funcionario técnico, de xestión e de administración e servizos (DOG do 8 de xullo), modificada pola Resolución do 12 de marzo de 2026 (DOG do 24 de marzo).

As bases completas da convocatoria poden consultarse na sede electrónica da Universidade da Coruña, https://sede.udc.gal/services/electronic_board

As solicitudes dirixiranse á xerenta da Universidade da Coruña no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica da Universidade da Coruña, https://sede.udc.gal/services/electronic_board

A Coruña, 3 de xuño de 2026

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Jesús Grela Barreiro
Xerente da Universidade da Coruña