De conformidade co disposto no punto quinto das bases reguladoras que rexen a convocatoria das probas selectivas enunciadas, aprobadas polo Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia do 29 de decembro de 2025 (Boletín Oficial do Parlamento de Galicia núm. 318, do 21 de xaneiro de 2026; Diario Oficial de Galicia núm. 13, do 21 de xaneiro),
RESOLVO:
Primeiro. Nomear o tribunal cualificador que xulgará o proceso selectivo, coa composición que se detalla a seguir, de conformidade co disposto no Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia do 17 de xullo de 2024, polo que se aproban as normas sobre a composición dos tribunais dos procesos selectivos e das comisións de valoración da Administración do Parlamento de Galicia.
Tribunal titular:
Presidente: Xosé Antón Sarmiento Méndez, letrado oficial maior do Parlamento de Galicia.
Secretaria: María Aneiros González, letrada do Parlamento de Galicia.
Vogal 1: Diana Santiago Iglesias, profesora de dereito administrativo da USC.
Vogal 2: Raquel Marañón Gómez, letrada das Cortes Xerais.
Vogal 3: Encarnación Fernández de Simón Bermejo, letrada secretaria xeral da Asemblea Rexional de Murcia.
Tribunal suplente:
Presidente: Juan Carlos Caride Puente, letrado do Parlamento de Galicia.
Secretaria: Purificación López Gómez, letrada do Parlamento de Galicia.
Vogal 1: Vicente Antonio Sanjurjo Rivo, profesor de dereito constitucional da USC.
Vogal 2: Andrea Garrido Juncal, profesora de dereito administrativo da USC.
Vogal 3: Ana María López Guizán, letrada do Consello Consultivo de Galicia.
Segundo. Ordenar a publicación desta resolución no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Parlamento de Galicia.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Presidencia do Parlamento, no prazo dun mes, ou ben poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados ambos os dous desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2026
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia
