DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 15 de xuño de 2026 Páx. 34398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 14 de maio de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas rexeneradas no concello de Oleiros (expediente DH.A15.109190).

En cumprimento do artigo 14.4 do Regulamento de reutilización da auga, aprobado polo Real decreto 1085/2024, de 22 de outubro, sométese a información pública a solicitude de concesión de augas rexeneradas procedentes da estación de augas rexeneradas (ERA) de Xaz con destino a rega de campo de golf, coas seguintes características:

Solicitante: Club de Campo Golf de Xaz, S.L., B01678937.

Expediente: DH.A15.109190.

Orixe: auga rexenerada da ERA de Xaz.

Caudal máximo instantáneo: 41,66 l/s.

Volume total anual: 123.869 m3/ano.

Destino: rega do campo de golf de Xaz (referencia catastral 4895401NH5949N).

Lugar: Xaz.

Parroquia: Dorneda (San Martiño).

Concello: Oleiros.

Descrición do aproveitamento:

Campo de Golf de Xaz, S.A.U. solicitou a autorización para a produción e a subministración de augas rexeneradas que se está a tramitar no expediente DH.A15.103755. O destino desta auga será a rega do campo de golf, para o que solicita a presente concesión administrativa.

A auga bombeada desde a estación depuradora de augas residuais de Xubín, do concello de Oleiros, chega á ERA de Xaz onde, tras ser tratada, verte no lago do campo de golf, que actúa como depósito de almacenamento do sistema de rega. O sistema de rega componse dun depósito de recloración e un grupo de presión para a rede de rega. O sistema conta tamén cun circuíto de recirculación que permite volver tratar na ERA e desinfectar a auga do lago, para manter a calidade da auga almacenada.

A documentación técnica pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) ), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer 2, 9º andar, 15008 A Coruña. Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

A Coruña, 14 de maio de 2026

Roberto Arias Sánchez
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte