En cumprimento do artigo 7.6 do Regulamento de reutilización da auga, aprobado polo Real decreto 1085/2024, do 22 de outubro, sométese a información pública a solicitude de autorización de produción e subministración de auga rexenerada na estación de augas rexeneradas (ERA) de Xaz, coas seguintes características:
Solicitante: Campo de Golf de Xaz, S.A.U. (A70553573).
Orixe da auga: estación de depuración de augas residuais (EDAR) de Xubín, concello de Oleiros.
Punto de entrega das augas depuradas (PEAD): x= 554924,8; y= 4798906,4 (ERTS-89).
Tratamento rexeneración: ERA de Xaz.
Punto de cumprimento das augas rexeneradas (PCAR): x= 554838,6 Y=4799740,7 (ERTS-89).
Punto de entrega das augas rexeneradas (PEAR): x= 554719,2 Y= 4799717,6 (ERTS-89).
Destino: rega do campo de golf de Xaz (concesión en tramitación no expediente DH.A15. 109190).
Volume máximo anual de auga rexenerada: 123.869 m³/ano.
Lugar: Xaz.
Parroquia: Dorneda (San Martiño).
Concello: Oleiros.
Descrición:
A orixe do sistema de rexeneración da auga será o efluente da EDAR de Xubín, do concello de Oleiros. Ao final do labirinto de cloración da EDAR atópase o bombeo desde o que se impulsará o efluente tratado da EDAR ata a ERA de Xaz, onde recibirá o tratamento complementario para alcanzar a calidade requirida para a rega do campo de golf de Xaz.
A documentación pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer 2, 9º andar, 15008 A Coruña. Para facilitar esta consulta poderase solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 14 de maio de 2026
Roberto Arias Sánchez
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
