En sesión que tivo lugar o 8 de xuño de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 6 de maio de 2026 (DOG núm. 87, do 12 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais (PSX), convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (DOG núm. 228, do 25 de novembro), acorda, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición, pola quenda de promoción interna, terá lugar o día 28 de xuño de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, na aula 19 da facultade de Dereito de Santiago de Compostela.
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso á aula con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida destes dispositivos.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2026
Antonio Lamas Fernández
Presidente do tribunal
