Unha vez presentada a renuncia do secretario suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de coidadores, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 24 de xuño de 2025 (DOG núm. 123, do 30 de xuño) e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Xosé Manuel Cerviño Meira como secretario suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de coidadores.
Segundo. Nomear no seu lugar como secretario suplente do dito tribunal a José Luis Soto Campos, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
