DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 16 de xuño de 2026 Páx. 34612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 27 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PA 240/2023, en relación co proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade de psicoloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PA 240/2023, en relación co proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo
superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade de psicoloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 213, do 8 de novembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal