DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 16 de xuño de 2026 Páx. 34610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 2 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, polo que se somete a información pública o Plan estruturante de ordenación do solo empresarial do parque empresarial de Cabana de Bergantiños (A Coruña).

Asunto: Plan estruturante de ordenación do solo empresarial do parque empresarial de Cabana de Bergantiños.

Concello: Cabana de Bergantiños-Zas (A Coruña).

Promotor: Xestión do Solo de Galicia, S.A.

En cumprimento do establecido no artigo 38 da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, sométese o Plan estruturante de ordenación do solo empresarial (en diante, peose) do parque empresarial de Cabana de Bergantiños a información pública durante o prazo de vinte días hábiles.

Antecedentes:

Primeiro. O Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (en diante, PSOAEG) foi aprobado mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30.4.2014 (DOG número 101, do 28 de maio). O PSOAEG recollía un ámbito de iniciativa privada que non se chegou a tramitar, co nome de Área de alta capacidade industrial, tecnolóxica e comercial Costa da Morte ACITEC, co código de área 15014011.

Mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de decembro de 2023 (DOG número 18, do 25 de xaneiro de 2024) aprobouse a modificación puntual núm. 2 do PSOAEG. Esta modificación puntual redelimita o ámbito da área co código 15014011, reducindo a dimensión, e renoméaa como parque empresarial de Cabana de Bergantiños, asignándolle iniciativa e xestión pública. Aféctase puntualmente ao concello de Zas por mor da conveniencia de realizar a conexión viaria.

Segundo. O 9.6.1999 aprobouse definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) vixente no concello de Cabana de Bergantiños. O 7.9.2007 aprobouse definitivamente o PXOM vixente no concello de Zas.

Terceiro. En desenvolvemento das previsións do PSOAEG e as súas modificacións, Xestión do Solo de Galicia, S.A. (en diante, Xestur) promove esta actuación. Con data 29.9.2025 solicitouse o inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada acompañada do borrador do PEOSE completo xunto co documento ambiental estratéxico para comezar a tramitación.

Cuarto. O 3.12.2025, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade emitiu o informe ambiental estratéxico do PEOSE do parque empresarial de Cabana de Bergantiños. O informe ambiental estratéxico fíxose público mediante o Anuncio do 4 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (DOG número 246, do 22 de decembro).

Quinto. O 21.5.2026, Xestur presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia o PEOSE redactado por Antea Iberolatam, S.L.U., para a aprobación inicial.

Sexto. Mediante a Resolución do 2 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, acordouse aprobar inicialmente o Plan estruturante de ordenación do solo empresarial do parque empresarial de Cabana de Bergantiños, para os efectos establecidos na Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia.

O que se fai público, de conformidade co artigo 38 da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia.

A documentación pode consultarse na páxina web da Consellería de Economía e Industria https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/solo-empresarial

Durante o prazo de información pública as distintas administracións e entidades públicas e privadas, e calquera persoa interesada, poderán achegar cantas observacións e suxestións consideren convenientes ante a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, por calquera dos medios que recolle o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2026

Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial