De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución do arquivamento da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo. A eficacia da resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As resolucións dos expedientes relacionados atópanse á disposición das persoas interesadas para que poidan consultalas nas dependencias do Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.
Tales resolucións non esgotan a vía administrativa, polo que cabe formular contra elas recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, as resolucións serán firmes.
Pontevedra, 28 de maio de 2026
Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/Pasaporte |
|
PO-PR212A/2025/01767 |
54508601G 124189849 |
|
PO-PR212A/2025/03210 |
E10784393 35580998K |
|
PO-PR212A/2026/00131 |
43942479J R01141217 |
