DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 16 de xuño de 2026 Páx. 34596

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Pol (expediente IN407A 2025/89-ATE).

Unha vez examinado o expediente instruído por instancia da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con enderezo para os efectos de notificación na rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo, aprécianse os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 29 de maio de 2025, a citada empresa solicitou a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica denominada Reforma do CT 12887 Rioxoán 2 LAT 20 kV Mosteiro, no concello de Pol, e achegou o proxecto asinado polo enxeñeiro industrial Jorge Sanz Varea no cal se xustifica a necesidade da instalación, a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE do 27 de decembro, número 310), que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica. Así mesmo, xúntase a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE do 27 de decembro, núm. 310) e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado.

Segundo. O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante acordo deste departamento territorial do 19 de xaneiro do 2026. Este acordo foi publicado no diario El Progreso do 23 de xaneiro do 2026 e no Diario Oficial de Galicia do 27 de xaneiro de 2026, no taboleiro de anuncios do citado departamento territorial e no taboleiro de anuncios do Concello de Pol. Con este acordo inseríase a relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro. Déuselles traslado das separatas do proxecto ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas e cumpríronse os trámites establecidos no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Cuarto. Durante o trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Quinto. O persoal dos servizos técnicos deste departamento territorial emitiu un informe favorable sobre a solicitude obxecto deste expediente, de acordo co disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Igualmente, unha vez revisado sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, informan os referidos servizos técnicos que non se dá ningunha das limitacións para a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica a que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 58 da Lei 24/2013, sobre os predios incluídos na relación de bens e dereitos que foi obxecto de información pública e sobre os cales a empresa beneficiaria non chegou a un acordo amigable cos seus propietarios.

Para estes feitos son de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A este departamento territorial correspóndelle resolver sobre esta solicitude de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017 do 12 de xaneiro (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Segundo. No expediente cumpríronse os trámites establecidos na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013 e nos regulamentarios previstos nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. Á vista do informe técnico e do resto da documentación que figura no expediente, considérase que procede a autorización da instalación eléctrica.

Cuarto. Sen prexuízo do anterior, cómpre ter en conta que, consonte o artigo 151 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en calquera momento a empresa beneficiaria e os titulares dos necesarios bens e dereitos poden convir un mutuo acordo, o que causará a correspondente conclusión do expediente expropiatorio.

De acordo co exposto e en virtude das competencias que ten atribuídas, este departamento territorial

RESOLVE:

Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa e de construción á empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. para o establecemento da instalación eléctrica denominada Reforma do CT 12887 Rioxoán 2 LAT a 20 kV Mosteiro, no concello de Pol, cas seguintes características técnicas principais:

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Mosteiro, con orixe nun PAS situado no apoio A32118 existente, entra e sae no CT proxectado Rioxoán 2 e remata noutro PAS situado no mesmo apoio, cunha lonxitude de 50 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• CT Rioxoán 2 en edificio prefabricado, cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia instalada de 50 kV (recuperado), no cal se instalan dúas celas de liña, telemandadas e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230V.

Segundo. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica obxecto do presente expediente, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Por isto, en cumprimento do disposto neste artigo, acórdase que o representante da Administración dea comezo, na data e hora que a cada persoa interesada se lle notificará individualmente, ao levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación de bens e dereitos que se inclúe no anexo desta resolución. Así mesmo, faise constar que ata o momento do levantamento das actas previas se poderán formular as alegacións que se consideren oportunas, para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados que foi obxecto de publicación nos medios e nas datas anteriormente referidos. Estas alegacións deberanse presentar por escrito ante este departamento territorial da Consellería de Economía e Industria (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo).

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e cos planos que figuran no proxecto de execución, coas condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e coas condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán as condicións regulamentarias de seguridade con carácter permanente.

Terceira. Deberán cumprirse en todo momento as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Cuarta. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. En caso de resultar aplicable, en función da tipoloxía da instalación, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937 e se derroga o Regulamento (UE) 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, xunto coa documentación requirida na lexislación vixente de aplicación.

Quinta. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

Sexta. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial o outros necesarios para realizar as obras das instalacións autorizadas.

Esta resolución publícase para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) cando as persoas titulares dos predios propostos sexan descoñecidas, non se saiba o lugar de notificación ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación/publicación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Lugo, 5 de xuño de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de reforma do CT 12887 Rioxoán 2 LAT a 20 kV Mosteiro

Concello: Pol

Expediente: IN407A 2025/89-ATE

Ref. catastral

Pol.

Parc.

Lugar

Concello

Titular

Cultivo

Apoio núm.

Oc. perm. apoio (m2)

LATS oc. perm. (m2)

CT oc. perm. (m2)

Accesos oc. temp. (m2)

1

27046A03900678

39

678

Transformador

Pol

Rubén Iglesias Dapena

Prado

1 (A32118)

30

4

70

197

2

27046A03900677

39

677

A Mata

Pol

Rubén Iglesias Dapena

Prado

9

47

91

*Oc. perm.: ocupación permanente.

*Oc. temp.: ocupación temporal.