DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 16 de xuño de 2026 Páx. 34602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 25 de maio de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2024/006-1, no concello de Bergondo.

Advertido erro no citado anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 12 de xuño de 2026, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 34093 substitúese a totalidade do anuncio polo seguinte:

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de telecontrol en LMT BEG705 en ANVI61FR//6, no concello de Bergondo (expediente IN407A 2024/006-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 25 de maio de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/006-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: instalación de telecontrol en LMT BEG705 en ANVI61FR//6.

Concello: Bergondo.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade

Data de ocupación

1

A Fraga

2427401NH6922N0001PD

Irmáns Mato Insua

11.6.2026

2

A Fraga

2127601NH6922N0001LD

Irmáns Mato Insua

11.6.2026

3

Callou

2331601NH6923S0001IG

Irmáns Mato Insua

11.6.2026

4

Callou

2132601NH6923N0001YU

Irmáns Mato Insua

11.6.2026