Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio, e ao non ser posible a notificación prevista na citada norma, cítase aos titulares dos predios relacionados no anexo para seren notificados por comparecencia da constitución, por parte da empresa beneficiaria, dos depósitos de pagamento do xusto prezo acordado mediante resolución do Xurado de Expropiación de Galicia e mais dos xuros de demora, relativos ás afectacións derivadas da construción da instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA ALB801 no tramo entre os apoios núm. 81-7 e núm. 81-13, situada no concello de Beariz.
As persoas titulares ou os seus representantes deberán comparecer, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Na comparecencia terán que presentar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que as acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da conta bancaria na que se lles ha ingresar a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Ourense, 28 de maio de 2026
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con domicilio ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2024/114-3.
Instalación: Regulamentación LMTA ALB801 no tramo entre os apoios núm. 81-7 e núm. 81-13.
Concello: Beariz.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Data dos depósitos: 22 de maio de 2026.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
|
2 |
Porteira |
32012A024010050000UZ |
Herdeiros de María Hermesinda Candedo Valiñas |
|
4 |
Pereiros |
32012A011000710000UK |
Herdeiros de Julia Ogando Fornos |
