En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 26 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día quince de xuño de dous mil vinte e seis,
Nomeo secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais a Susana Pérez Iglesias.
Santiago de Compostela, quince de xuño de dous mil vinte e seis
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio
e Emigración
