En virtude do establecido no artigo 12 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira do Mar e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de xuño de dous mil vinte e seis,
Nomeo presidenta da entidade pública empresarial Portos de Galicia a Natalia Botana Rey.
Santiago de Compostela, quince de xuño de dous mil vinte e seis
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar
