DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 16 de xuño de 2026 Páx. 34445

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se publica a Resolución do 28 de maio de 2026 que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións da provincia da Coruña convocadas mediante a Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B).

Con data do 9 de febreiro de 2026 publícase no Diario Oficial de Galicia número 26 a Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B). Ao abeiro da dita convocatoria establécese a seguinte liña de actuación:

Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI449B).

Para o financiamento das axudas previstas nesta convocatoria destínase crédito por un importe total de catrocentos mil euros (400.000,00 €), con cargo á aplicación 08.07.313D.481.2, código de proxecto 2025 00050, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

As solicitudes de axuda diríxense, xunto coa documentación necesaria, ao departamento territorial da Consellería de Política Social e Igualdade competente en función da provincia na cal a asociación teña establecida a súa sede social. A instrución do procedemento correspóndelles ás unidades de Igualdade dos departamentos territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade.

A unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, ao abeiro da antedita orde, revisou as solicitudes presentadas segundo a sede social das asociacións solicitantes. Así mesmo, a Unidade de Igualdade do dito departamento territorial revisou as emendas feitas, e unha vez que se comprobou que as solicitudes cumprían cos requisitos establecidos e coa documentación necesaria remitíronse á Comisión de Valoración, órgano creado no artigo 13.2 da orde.

O órgano instrutor formulou a proposta de resolución tras a baremación, e á vista do informe da Comisión de Valoración, e segundo establece o artigo 15.1 da referida orde, elevou a citada proposta á persoa titular do departamento territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, que resolve con data do 28 de maio de 2026 por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade.

Segundo o artigo 15.3 da orde, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 28 de maio de 2026 do Departamento Territorial da Coruña, ditada no procedemento SI449B no seu ámbito provincial ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B), resolución que se xunta a esta como anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 28 de maio de 2026 do Departamento Territorial da Coruña pon fin á vía administrativa e que contra ela se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

De se presentar recurso de reposición, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza o seu desacollemento presunto.

A Coruña, 5 de xuño de 2026

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Resolución do 28 de maio de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións na provincia da Coruña convocadas mediante a Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B).

Antecedentes:

Primeiro. Con data do 9 de febreiro de 2026 publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B).

Segundo. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e realizar a convocatoria para o ano 2026 das subvencións destinadas ás asociacións de nais e pais de alumnado (en diante, ANPA) legalmente constituídas, así como ás federacións ou confederacións de ANPA, dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización de actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Terceiro. De acordo co establecido no artigo 1.4 das bases reguladoras, o procedemento para a concesión das subvencións recollidas na dita orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cuarto. De acordo co establecido no artigo 13.4 das bases reguladoras, avaliadas as solicitudes no ámbito provincial da Coruña seguindo os criterios establecidos no artigo 14, a Comisión de Valoración emitiu un informe segundo o cal a Unidade de Igualdade do Departamento Territorial da Coruña, órgano instrutor, formulou a proposta de resolución ao órgano competente para resolver, na que se inclúe a proposta de concesión de subvencións segundo a orde de puntuación obtida polas solicitudes e polo importe da axuda correspondente, ata esgotar o crédito dispoñible. Así mesmo, propón os expedientes que, por culpa de se esgotar o crédito dispoñible, han quedar en lista de espera para seren atendidos no caso de se producir algunha renuncia ou un incremento do crédito inicialmente dispoñible, así como os expedientes aos que se lles denegan estas axudas por desistencia expresa, por non cumpriren os requisitos establecidos na convocatoria ou por non achegaren a documentación requirida no prazo establecido, segundo o previsto no artigo 68.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Quinto. De acordo co establecido no artigo 15.1 da orde, logo da proposta de resolución á persoa titular do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, esta resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade.

Sexto. Segundo o artigo 15.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a resolución destas subvencións será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desacollidas, con expresión sucinta dos motivos do desacollemento.

Por todo o anterior, tras o informe de baremación e a proposta emitida pola Unidade de Igualdade do Departamento Territorial da Coruña como órgano instrutor, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade coa Intervención Delegada, a directora do dito Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única da repetida Orde do 22 de decembro de 2025 para resolver os procedementos de concesión,

RESOLVE:

Primeiro. Conceder as subvencións para o financiamento do programa SI449B ás asociacións de nais e pais (ANPA) solicitantes con sede social na provincia da Coruña que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios e pautas de valoración establecidos no artigo 14 das bases reguladoras e para o desenvolvemento das actuacións que figuran no dito anexo.

Segundo. Incluír na lista de espera, segundo a orde de puntuación, as solicitudes que se indican no anexo II, que de ser o caso poderán ser atendidas a través do crédito que quede sen comprometer por mor de se producir algunha renuncia ou por un incremento do crédito orzamentario dispoñible destinado a estas axudas. Para estes efectos, poderanse realizar sucesivas propostas de resolución.

Terceiro. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa específica: por desistencia expresa, por non cumprir o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 12.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumprir algún dos requisitos establecidos nas referidas bases.

Cuarto. Informar ás asociacións de nais e pais beneficiarias, con sede social na provincia da Coruña, que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:

a) As axudas para as actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres están financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

b) De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras, estas axudas son compatibles con outras subvencións, axudas e ingresos, ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou entidade pública ou privada.

O importe da subvención concedida non poderá superar en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, o custo da actuación ou actividade que vai desenvolver a entidade solicitante, nin o importe total do correspondente concepto de gasto.

En caso de que o conxunto das axudas supere o custo das actividades ou gastos subvencionables, esta axuda reducirase na cantidade necesaria ata acadar o cumprimento do establecido anteriormente.

c) Para poderen ser beneficiarias da subvención, as entidades deberán cumprir os requisitos, condicións e obrigas previstos na convocatoria e na normativa xeral de subvencións, e en particular non atoparse en ningunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como as condicións e obrigas establecidas no artigo 20 (obrigas das entidades beneficiarias) das bases reguladoras e as demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.

d) No artigo 22 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, de ser o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, se for o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.

e) Unha vez publicada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación, e deberá comprometerse a executar a/as actuación/s subvencionada/s no prazo e condicións establecidos na convocatoria, presentando o anexo IV da Orde do 22 de decembro de 2005. No caso de non comunicar este aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

f) De acordo co establecido no artigo 19.1 das bases reguladoras, o pagamento do importe da subvención realizarase do seguinte xeito: un primeiro pagamento do 80% da contía da subvención concedida, en concepto de anticipo con anterioridade á xustificación da axuda, que se fará efectivo unha vez realizada a publicación da resolución e aceptada a subvención por parte da entidade segundo o citado anexo IV. No caso de non comunicar expresamente a aceptación no prazo indicado no artigo 15.4, entenderase tacitamente aceptada e procederase ao pagamento do anticipo.

Os departamentos territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade, de acharen conforme a documentación xustificativa, proporán o pagamento do 20 % restante, ou da parte que corresponda, que se librará logo da xustificación por parte das entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e das demais condicións exixidas na orde.

g) Para poderen ser tidos en conta, os gastos deben estar xerados entre o 1 de decembro de 2025 e o 30 de novembro de 2026, e deberán estar efectivamente pagados, como máximo, na data de finalización do prazo de xustificación, o 10 de decembro de 2026.

h) As entidades beneficiarias deberán presentar, con data límite do 10 de decembro de 2026, a documentación xustificativa establecida no artigo 18 da referida Orde do 22 de decembro de 2025.

Quinto. Notificarlles ás persoas interesadas a presente resolución, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

De se presentar recurso de reposición, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2026. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Disposición adicional única da Orde do 22.12.2025; DOG núm. 26, do 9 de febreiro), María Blanco Aller, directora territorial da Coruña.

ANEXO I

Concesións

Núm. de expediente

Nome ANPA/federación

NIF

Denominación da
medida ou programa

Custo da actuación (€)

Importe da subvención (€)

Total puntos

SI449B-2026-00000026-01

ANPA Cadreche do CEP Pilar Maestú Sierra

G15358658

Programa lúdico 2 de igualdade da ANPA Cadreche do CEP Pilar Maestú Sierra

2.990,00

2.990,00

86

SI449B-2026-00000007-01

Asociación de nais e pais de alumnos Lavandeira do CEIP Vila de Rutis

G70561287

Lúdico de redes sociais en igualdade

2.990,00

2.990,00

85

SI449B-2026-00000022-01

Asociación de pais de alumnos Armando Cotarelo Valledor do Colexio Público Integrado de Boimorto

G15433238

Boimorto medra en igualdade

2.950,00

2.950,00

80

SI449B-2026-00000053-01

ANPA Socamiño do CEIP Plurilingüe Bragade

G15059603

Lúdico I de igualdade

2.990,00

2.990,00

79

SI449B-2026-00000020-01

Asociación de pais de alumnos do Colexio Público de Educación de Toques. ANPA O Badal

G15649478

Programa multideportivo e lúdico de igualdade da ANPA o Badal de Toques

2.990,00

2.990,00

79

SI449B-2026-00000104-01

ANPA CEIP Andrade

G15500598

Escola en igualdade: educación afectivo-sexual para a prevención da violencia

2.600,00

2.600,00

78

SI449B-2026-00000080-01

ANPA Urcael CEIP O Pumar-Urdilde

G15217334

Multilúdico e publiguais

2.990,00

2.990,00

78

SI449B-2026-00000004-01

APA Colexio Público Arcediago ‘A Xuntanza’

G15516768

Programa multideportivo de igualdade

2.990,00

2.990,00

77

SI449B-2026-00000075-01

ANPA Meniños Camiño Real do CEIP Mestre Pastor Barral de Melide

G72892649

Multilúdico de igualdade

2.990,00

2.990,00

76

SI449B-2026-00000018-01

Confederación ANPAS Galegas

G70416557

Axendas contra a violencia: 7ª edición "mitos na igualdade@

6.000,00

6.000,00

75

SI449B-2026-00000096-01

ANPA Río de Va

G15892425

Con filtro f pantallas e revisión feminista

3.025,00

3.000,00

74

SI449B-2026-00000044-01

APA A Nosa Escola do CEIP de Sigüeiro

G15315039

A nosa escola é feminista!

3.180,00

3.000,00

72

SI449B-2026-00000009-01

ANPA Fontela

G15436090

Programa lúdico 2 e redes de igualdade

2.990,00

2.990,00

71

SI449B-2026-00000086-01

ANPA Irmáns Insua

G15786684

Emociónate e aprende en igualdade

2.990,00

2.990,00

71

SI449B-2026-00010000-01

Asociación de nais e pais de alumnos As Lavandeiras

G70268818

Sen barreiras, sen estereotipos

2.920,00

2.920,00

71

SI449B-2026-00000047-01

ANPA Coira

G15525207

Multilúdico e publiguais

2.990,00

2.990,00

71

SI449B-2026-00000071-01

ANPA As Furnas do CEIP de Xuño

G15153463

Lúdico I, gaming e familias

2.990,00

2.990,00

71

SI449B-2026-00000077-01

Federación Provincial de Anpas da Coruña-Costa da Morte

G70366588

Corresponsabilidade e empoderamento

6.000,00

6.000,00

71

SI449B-2026-00000036-01

ANPA Andaravía

G70077060

Proxecto patios inclusivos

3.000,00

3.000,00

71

SI449B-2026-00000021-01

ANPA Cerne de Galicia do CEIP Martagona de Melide

G15467368

Programa multilúdico e publiguais

2.990,00

2.990,00

71

SI449B-2026-00000073-01

ANPA A Braña

G15460942

Criando en harmonía

975,00

975,00

70

SI449B-2026-00000102-01

Asociación de nais e pais de alumnos

A Cubela

G15059371

Educando en igualdade

3.120,00

3.000,00

70

SI449B-2026-00000072-01

Asociación de nais e pais de alumnos La Colmena do IES Camilo José Cela de Padrón

G44596781

Xogo coidadosamente

2.988,08

2.988,08

70

SI449B-2026-00000034-01

ANPA O Rabecho

G15059777

Educar para o bo trato: emocións, respecto e seguridade dixital no Pindo

1.164,96

1.164,96

70

SI449B-2026-00000049-01

ANPA Despertar do CEIP Alexandro Rodríguez Cadarso da Barquiña

G15239585

Programa lúdico 2 e teatro de igualdade

2.990,00

2.990,00

69

SI449B-2026-00000028-01

Asociación de nais e pais de alumnos/as CPI San Sadurniño

G70552914

Gaming e redes sociais en igualdade

2.990,00

2.990,00

69

SI449B-2026-00000067-01

ANPA A Granxa do CEIP Bergantiños

G15115124

Programa de lúdico I redes sociais en igualdade

2.990,00

2.990,00

69

SI449B-2026-00000043-01

Asociación de pais de alumnos Virxe de Guadalupe do IES Félix Muriel

G15148588

Stop cosificación e redes sociais

2.990,00

2.990,00

69

SI449B-2026-00000013-01

ANPA do CEIP de Maciñeira

G15291107

Programa lúdico 2 de igualdade da ANPA Maciñeira

2.990,00

2.990,00

69

SI449B-2026-00000056-01

APA Atalaya do Colexio Público Mar de Fóra

G15314529

Musical, teatro e gaming en igualdade

2.990,00

2.990,00

69

SI449B-2026-00000070-01

Asociación de pais e nais do CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío de Esteiro

G15357742

Debuxando portas violetas 2026

3.027,00

3.000,00

68

SI449B-2026-00000091-01

ANPA Rosalía de Castro da EEI Os Ánxeles (Brión)

G15650328

Xuntas medramos en igualdade

3.000,80

3.000,00

68

SI449B-2026-00000089-01

ANPA Camiño de Santiago do CEIP Monte dos Postes de Santiago

G15059918

Obradoiro de convivencia e bo trato en educación primaria

3.370,00

3.000,00

67

SI449B-2026-00000074-01

ANPA Alecrín A Silva

G15357791

Multilúdico e afectivo sexual

2.990,00

2.990,00

67

SI449B-2026-00000083-01

Asociación nais e pais de alumnos Flavia Pedrón do CEIP Flavia

G70129051

Xogo coidadosamente

2.928,00

2.928,00

67

SI449B-2026-00000085-01

APA Bidueiro do Colexio Público Isidro Parga Pondal

G15244205

Actividades para a promoción da igualdade

2.999,99

2.999,99

66

ANEXO II

Lista de espera

Núm. lista de espera

Núm. de expediente

Nome ANPA/federación

NIF

Denominación da
medida ou programa

Subvención solicitada (€)

Total puntos

6

SI449B-2026-00000050-01

ANPA CEIP Campanario

G70500244

Programa lúdico 2 de igualdade

2.990,00

66

7

SI449B-2026-00000059-01

Asociación de nais e pais de alumnos Nebra do CEIP de Sobrado-Nebra

G70222682

Lúdico 2 e masculinidades igualitarias

2.990,00

66

14

SI449B-2026-00000052-01

ANPA do CEIP Apóstolo Santiago

G15041304

Patios coeducativos

2.800,00

65

15

SI449B-2026-00000062-01

Asociación de nais e pais Napaban do CEIP de Abanqueiro

G15138027

ANPA Napaban educación en igualdade

3.000,00

65

16

SI449B-2026-00000100-01

ANPA O Facho CEIP Os Muíños

G15318660

Igualdade de xénero e a prevención e loita contra a violencia cara ás mulleres

3.000,00

65

27

SI449B-2026-00000097-01

AFA Barouta Asociación de nais e pais de alumnado no Colexio de Educación Infantil e Primaria de Barouta

G15357767

Ágora Barouta

3.000,00

64

28

SI449B-2026-00000058-01

AFA A Lagoa

G15906241

Programa lúdico 3 de igualdade

2.990,00

64

29

SI449B-2026-00000027-01

ANPA do CEIP Rosalía de Castro de Padrón

G15258460

Programa lúdico I de igualdade

2.990,00

64

33

SI449B-2026-00000037-01

Asociación de pais de alumnos Apaluxa do CPI de Xanceda

G15722697

Diversión en igualdade

1.673,00

64

35

SI449B-2026-00000033-01

Asociación de nais e pais Celso Emilio Ferreiro

G70299524

O mundo que queremos: obradoiros de bo trato e seguridade dixital

1.276,00

64

37

SI449B-2026-00000011-01

Asociación de nais e pais de alumnos Acio do Colexio Andaina

G70020862

Programa de igualdade e educación 2026

3.000,00

64

46

SI449B-2026-00000054-01

Asociación de pais e nais de alumnos O Xestal do CPI Virxe da Cela

G15332398

A Virxe da Cela ten un fío morado

3.000,00

63

50

SI449B-2026-00000057-01

APA Ana Lastra López do CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral

G15059843

Lúdico 2 e publiguais de igualdade

2.990,00

63

52

SI449B-2026-00000032-01

APA San Cosmeiro do CEIP Víctor Sáenz

G15343973

Educación afectivo-sexual no noso cole 2026

2.440,00

63

53

SI449B-2026-00000042-01

Asociación de pais de alumnos Castro Baxoi do CPI Castro Baxoi

G15370273

Miño prevención de violencia de xénero e promoción da igualdade

3.000,00

63

54

SI449B-2026-00000078-01

ANPA CEP Xosé María Brea Segade

G15145386

Bo trato

3.000,00

62

56

SI449B-2026-00000024-01

Asociación nais e pais de alumnos San Martiño CEIP de Netoma Razo

G15450935

Sementes de igualdade

3.000,00

62

59

SI449B-2026-00000015-01

Asociación nais e pais CEIP Couceiro Freijomil ANPA Eume

G15407596

Videoxogos e redes sociais en igualdade

2.990,00

62

62

SI449B-2026-00000060-01

Asociación Pedrouco de pais e nais de alumnos do CEIP de Visantoña

G70050604

Medrando en igualdade

1.661,00

62

64

SI449B-2026-00000023-01

ANPA do IES de Milladoiro Anpamilla

G70386644

Programa afectivo-sexual, TIC e musical

2.990,00

61

65

SI449B-2026-00000038-01

ANPA A Buxaina

G15365885

Programa lúdico de teatro e radio en igualdade

2.990,00

61

66

SI449B-2026-00000095-01

ANPA de alumnos do IES Xelmírez I

G15314891

Xogo coidadosamente

2.720,00

61

67

SI449B-2026-00000098-01

ANPA A Carballeira

G15896129

Igualdade de xénero no rural

3.000,00

61

68

SI449B-2026-00000064-01

Asociación de nais e pais de Alumnos Mosteirón

G70184650

Programa lúdico 3 de igualdade

2.990,00

61

69

SI449B-2026-00000039-01

Asociación de familias de alumnos e alumnas As Escoliñas do CRA de Bergondo

G22879753

Tal como son

2.540,00

61

70

SI449B-2026-00000031-01

ANPA Cabo da Area

G70384342

Tecendo redes de respecto: convivencia, igualdade e ciberseguridade

2.300,84

61

73

SI449B-2026-00000065-01

ANPA CEIP Esteiro (Ferrol)

G15257173

Educación en igualdade e corresponsabilidade no CEIP Esteiro

2.990,00

61

75

SI449B-2026-00000008-01

Asociación de pais de alumnos Monte Tahume do CEIP Olveira

G15426752

Programa lúdico 2 e IA de igualdade

2.990,00

61

76

SI449B-2026-00000051-01

ANPA Brexo Lema do CEIP Emilio González López

G15256837

Lúdico 1 e redes sociais en igualdade

2.990,00

61

78

SI449B-2026-00000025-01

ANPA O Forte do CEIP Nº 1 de Melide

G70552351

Actividades de igualdade ANPA O Forte

3.000,00

61

79

SI449B-2026-00000069-01

Asociación de pais, nais e titores de alumnos/as do Colexio Público Raíña Fabiola

G15650815

Raíña Fabiola crece en igualdade

3.000,00

60

83

SI449B-2026-00000046-01

Asociacion de nais e pais da EEI Barrionovo de Arteixo

G70297387

Promoción e igualdade entre home e mulleres e prevención e loita contra a violencia

726,00

60

85

SI449B-2026-00000105-01

ANPA O Fopo do CPI Ponte Carreira

G15367121

De igual a igual

3.000,00

60

87

SI449B-2026-00000087-01

APA Cabaleiros do CPI Pecalama de Tordoia

G15366909

Programa lúdico 3 de igualdade

2.990,00

60

90

SI449B-2026-00000099-01

APA Loureda do CEIP Santa María do Castro

G15069008

SI449B axudas económicas ás ANPA destinadas á promoción da igualdade

1.936,00

60

93

SI449B-2026-00000076-01

Asociación de nais e pais Cruceiro

G15307739

Programa A igualdade no centro

3.000,00

59

94

SI449B-2026-00000045-01

Asociación de pais de alumnos Xanela do CEIP María Pita

G15228604

Xornadas en igualdade 2026

3.000,00

59

100

SI449B-2026-00000012-01

Asociación de pais de alumnos do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Présaras Vilasantar

G15107659

Trátame ben: construíndo relacións sas dende a infancia

1.047,36

59

103

SI449B-2026-00000061-01

APA As Mariñas do CPI Cruz do Sar de Bergondo

G15274525

Ayudas a las AMPAs para la promoción de la igualdad y prevención de violencias

2.990,00

58

109

SI449B-2026-00000079-01

APA Os Castros do CEIP Sal Lence da Coruña

G15059280

Programa de promoción da igualdade entre sexos da ANPA Os Castros

3.000,00

57

110

SI449B-2026-00000006-01

ANPA do CEIP de Palmeira

G15036122

Programa lúdico I e publiguais

2.990,00

57

113

SI449B-2026-00000082-01

APA Uxío do CEIP Eugenio López de Cee

G15881667

Vila de Cee en igualdade: itinerario de convivencia e benestar dixital

2.651,25

57

114

SI449B-2026-00000055-01

APA Santa Uxía do CEIP O Grupo

G15315690

O Grupo aprende, crea, soña e vive en igualdade 2026

3.000,00

56

115

SI449B-2026-00000048-01

ANPA Arce do IES Xosé Neira Vilas de Perillo

G15122427

Memoria programa videoxogos e redes sociais en igualdade da ANPA do IES Neira

2.990,00

56

116

SI449B-2026-00000029-01

Asociación de nais e pais de alumnos do IES Sofía Casanova

G15322050

Iguais en todo o camiño

2.075,00

56

117

SI449B-2026-00000066-01

AMPA Hijas de Cristo Rey Ferrol

G15308430

O muro da liberdade. Asertividade é saber dicir que non

3.000,00

56

121

SI449B-2026-00000019-01

Asociación de pais de alumnos Lamas de Abade

G15790991

Latexos de igualdade

2.885,00

55

122

SI449B-2026-00000035-01

AMPA do Colexio Esclavas del Sagrado Corazón da Coruña

G15119795

Vaya glow up! Presión estética, sexualización e saúde mental

3.000,00

55

123

SI449B-2026-00000010-01

ANPA Agarimo

G15884182

Videoxogos, IA e role-play

2.990,00

55

124

SI449B-2026-00000101-01

ANPA Monte Vixía

G15201759

Programa lúdico 2 e publiguais de igualdade

2.990,00

55

128

SI449B-2026-00000016-01

ANPA Castelao do CEIP ADR Castelao de Ordes

G15778442

Multilúdico de igualdade

2.990,00

54

131

SI449B-2026-00000005-01

Apa O Futuro do CEIP Campomaior

G15835267

Educando en igualdade

3.000,00

53

132

SI449B-2026-00000002-01

ANPA de alumnas/os CRA Culleredo Cepelín

G09938242

Cantos e contos para a igualdade

1.153,25

53

137

SI449B-2026-00000003-01

ANPA Caramecheiro do IES Nº 1 de Ribeira

G15584824

Convivencia sen violencia, todos danzamos e astronomía empeza e remata con a

3.000,00

52

138

SI449B-2026-00000081-01

Asociación de nais e pais de alumnos IES Xelmírez II Santiago

G70297502

Prevención e loita contra a violencia cara ás mulleres

3.000,00

51

142

SI449B-2026-00000093-01

ANPA A Barcia do Colexio de Educación Especial A Barcia

G15456908

Formación en igualdad, prevención de violencia de género y micromachismos

2.598,50

49

145

SI449B-2026-00000014-01

AFA Nós Oleiros do CEIP Juana de Vega

G70463922

Obradoiros de educación afectivo-sexual con Alumbra mujer

1.929,50

48

146

SI449B-2026-00000088-01

ANPA Barcoma

G15525959

(Re)construíndo a igualdade no rural

3.000,00

48

150

SI449B-2026-00000030-01

Asociación de pais de alumnos A Gaivota do CEIP San José Obrero de Meicende

G15231251

Axuda programa igualdade

3.000,00

46

151

SI449B-2026-00000063-01

ANPA O Buxato CPI O Feal

G15247711

Programa lúdico 3 de igualdade

2.990,00

44

156

SI449B-2026-00000068-01

Asociación de nais e pais de alumnas e alumnos Via Stellae do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela

G70113444

Compás en igualdade

3.000,00

40

ANEXO III

Solicitudes excluídas e desistidas

Núm. de expediente

Nome ANPA/federación

NIF

Causas de denegación

SI449B-2026-00000001-01

ANPA CRA Culleredo Cepelín

G09938242

Artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: desistencia expresa da solicitude.

SI449B-2026-00000017-01

APA O Futuro

G15835267

Artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: desistencia expresa da solicitude.

SI449B-2026-00000040-01

ANPA Irmáns Insua

G15786684

Artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: desistencia expresa da solicitude.

SI449B-2026-00000041-01

ANPA Arce IESP Xosé Neira Vilas

G15122427

Artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: desistencia expresa da solicitude.

SI449B-2026-00000084-01

Asociación Amicos

G15747678

Artigo 4.1 das bases reguladoras. Non cumpre o requisito para ser entidade beneficiaria ao non estar inscrita no Rexistro de Asociacións da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

SI449B-2026-00000090-01

ANPA Berbiriana CEIP Zalaeta

G15059819

Desistencia por non presentar a totalidade da documentación requirida no prazo establecido. Artigo 12.

SI449B-2026-00000092-01

ANPA A Barcia

G15456908

Artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: desistencia expresa da solicitude.

SI449B-2026-00000094-01

APA Porta Santa CEIP Alfredo Brañas

G15254980

Desistencia por non presentar a totalidade da documentación requirida no prazo establecido. Artigo 12.

SI449B-2026-00000103-01

ANPA Santiago Apóstol do Colexio San José de Calasanz

G15387293

Desistencia por non presentar a totalidade da documentación requirida no prazo establecido. Artigo 12.