Con data 9 de febreiro de 2026, publícase no Diario Oficial de Galicia número 26 a Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B). Ao abeiro da dita convocatoria, establécese a seguinte liña de actuación:
Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI449B).
Para o financiamento das axudas previstas nesta convocatoria destínase crédito por un importe total de catrocentos mil euros (400.000,00 €), con cargo á aplicación 08.07.313D.481.2, código de proxecto 2025 00050, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.
As solicitudes de axuda diríxense, xunto coa documentación necesaria, ao departamento territorial da Consellería de Política Social e Igualdade competente en función da provincia na cal a asociación teña establecida a súa sede social. A instrución do procedemento correspóndelles ás unidades de Igualdade dos departamentos territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade.
A unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, ao abeiro desta orde, revisou as solicitudes presentadas segundo a sede social das asociacións solicitantes. Así mesmo, a unidade de igualdade do dito departamento territorial revisou as emendas feitas e, unha vez que se comprobou que todas cumprían cos requisitos establecidos e coa documentación necesaria, remitíronse á Comisión de Valoración, órgano creado no artigo 13.2.
O órgano instrutor formulou a proposta de resolución tras a baremación e á vista do informe da Comisión de Valoración e segundo establece o artigo 15.1, elevou a citada proposta á persoa titular do departamento territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, que resolve con data do 5 de xuño de 2026 por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade.
Segundo o artigo 15.3, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 5 de xuño de 2026 do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, ditada no procedemento SI449B no seu ámbito provincial, ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B), e que se xunta a esta resolución no anexo.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 5 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, pon fin á vía administrativa e que contra ela poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Non se pode interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Lugo, 5 de xuño de 2026
Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo
ANEXO
Resolución do 5 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións na provincia de Lugo, convocadas mediante a Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B).
Antecedentes:
Primeiro. Con data do 9 de febreiro de 2026 publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B).
Segundo. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e realizar a convocatoria para o ano 2026 das subvencións destinadas ás asociacións de nais e pais de alumnado (en diante ANPA) legalmente constituídas e ás federacións ou confederacións de ANPA, dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización de actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Terceiro. De acordo co establecido no artigo 1.4 das bases reguladoras, o procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cuarto. De acordo co establecido no artigo 13.4 das bases reguladoras, avaliadas as solicitudes no ámbito provincial de Lugo, seguindo os criterios establecidos no artigo 14, a Comisión de Valoración emitiu un informe segundo o cal a unidade de igualdade do Departamento Territorial de Lugo, órgano instrutor, formulou a proposta de resolución ao órgano competente para resolver e na cal se inclúe a proposta de concesión de subvencións segundo a orde de puntuación obtida polas solicitudes e polo importe da axuda correspondente ata esgotar o crédito dispoñible. Así mesmo, propón os expedientes que quedaron en lista de espera por terse esgotado o crédito dispoñible para seren atendidos no caso de producirse algunha renuncia ou un incremento do crédito inicialmente dispoñible.
Quinto. De acordo co establecido no artigo 15.1, tras a proposta da resolución á persoa titular do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade.
Sexto. Segundo o artigo 15.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a resolución destas subvencións será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada.
Por todo o anterior, tras o informe de baremación e a proposta emitida pola unidade de igualdade do Departamento Territorial de Lugo como órgano instrutor, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade coa Intervención Delegada, o director do dito departamento territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión,
RESOLVE:
Primeiro. Conceder as subvencións para o financiamento do programa SI449B ás asociacións de nais e pais (ANPA) solicitantes con sede social na provincia de Lugo, que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios e pautas de valoración establecidas no artigo 14 das bases reguladoras e para o desenvolvemento das actuacións que figuran no anexo.
Segundo. Incluír na lista de espera as solicitudes que se indican no anexo II segundo a orde de puntuación e que, de ser o caso, poderán ser atendidas a través do crédito que quede sen comprometer por producirse algunha renuncia ou por un incremento do crédito orzamentario dispoñible destinado a estas axudas. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución.
Terceiro. Informar as asociacións de nais e pais beneficiarias, con sede social na provincia de Lugo que figuran no anexo I desta resolución, do seguinte:
a) As axudas para as actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres están financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
b) De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras, estas axudas son compatibles con outras subvencións, axudas e ingresos, ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou entidades públicas ou privadas.
O importe da subvención concedida non poderá superar en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, o custo da actuación ou actividade que vai desenvolver a entidade solicitante, nin o importe total do correspondente concepto de gasto.
En caso de que o conxunto das axudas supere o custo das actividades ou gastos subvencionables, esta axuda reducirase na cantidade necesaria ata acadar o cumprimento do establecido anteriormente.
c) Para poder ser beneficiarias da subvención, as entidades deberán cumprir os requisitos, condicións e obrigas previstas na convocatoria e na normativa xeral de subvencións e, en particular, non atoparse en ningunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 20 (obrigas das entidades beneficiarias) das bases reguladoras, e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.
d) No artigo 22 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, de ser o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.
e) Unha vez publicada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación, e deberá comprometerse a executar a/as actuación/s subvencionada/s no prazo e condicións establecidas na convocatoria, presentando o anexo IV. No caso de non comunicar este aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.
f) De acordo co establecido no artigo 19.1 das bases reguladoras, o pagamento do importe da subvención realizarase do seguinte xeito: un primeiro pagamento do 80 % da contía da subvención concedida, en concepto de anticipo con anterioridade á xustificación da axuda, que se fará efectivo unha vez realizada a publicación da resolución e aceptada por parte da entidade segundo o anexo IV. No caso de non comunicar expresamente a aceptación no prazo indicado no artigo 15.4, entenderase tacitamente aceptada e procederase ao pagamento do anticipo.
Os departamentos territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade, de atoparen conforme a documentación xustificativa, proporán o pagamento do 20 % restante, ou a parte que corresponda, que se librará logo da xustificación por parte das entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas nesta orde.
g) Para poder ser tidos en conta, os gastos deben estar xerados entre o 1 de decembro de 2025 e o 30 de novembro de 2026 e deberán estar efectivamente pagados, como máximo, na data de finalización do prazo de xustificación, o 10 de decembro de 2026.
h) As entidades beneficiarias deberán presentar coa data límite do 10 de decembro de 2026 a documentación xustificativa establecida no artigo 18.
Cuarto. Notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2026. A conselleira de Política Social e Igualdade,
P.D. (Disposición adicional única da Orde do 22.12.2025; DOG núm. 26, do 9 de febreiro), Óscar Viñas Penelas, director territorial de Lugo.
ANEXO I
Concesións
|
Nº de expediente |
Nome ANPA/ federación |
NIF |
Denominación da |
Custo da |
Importe |
Total puntos |
|
SI449B-2026-00000019-02 |
APA del Colegio Público de Castroverde |
G27022219 |
Programa multideportivo de igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
83 |
|
SI449B-2026-00000035-02 |
ANPA do CEIP Castro de Ouro de Alfoz |
G27424951 |
Lúdico I: gaming e familias |
2.990,00 |
2.990,00 |
78 |
|
SI449B-2026-00000041-02 |
APA do CEIP O Vicedo |
G27044866 |
Gaming e publiguais |
2.990,00 |
2.990,00 |
78 |
|
SI449B-2026-00000003-02 |
Federación Provincial de Asociaciones de Padres de Alumnos de centros estatales de Lugo |
G27019140 |
Formación afectivo sexual: aprendendo a respetar(se) e a querer(se) |
6.000,00 |
6.000,00 |
78 |
|
SI449B-2026-00000008-02 |
APA de la Agrupación Escolar de Bretoña de Pastoriza |
G27021849 |
Programa multideportivo de igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
78 |
|
SI449B-2026-00000045-02 |
ANPA CEIP Xosé Luis Taboada |
G27509090 |
Multilúdico de igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
78 |
|
SI449B-2026-00000007-02 |
ANPA CEIP O Salvador |
G27475532 |
O Salvador coa igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
77 |
|
SI449B-2026-00000051-02 |
APA CEIP San Xoán |
G27303429 |
Traballando pola igualdade |
3.000,00 |
3.000,00 |
75 |
|
SI449B-2026-00000016-02 |
ANPA do CEIP de Samos |
G16843799 |
Multilúdico e publiguais |
3.000,00 |
3.000,00 |
73 |
|
SI449B-2026-00000031-02 |
APA do CEIP de Triacastela |
G27317643 |
Multideportivo e lúdico de igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
73 |
|
SI449B-2026-00000033-02 |
ANPA do CEIP de Monterroso |
G27374248 |
Lúdico 2 de igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
73 |
|
SI449B-2026-00000059-02 |
APA y ex-alumnos de San José de Calasanz de Quiroga |
G27190263 |
Diversidade e musical en igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
73 |
|
SI449B-2026-00000061-02 |
APA do Col Nal Mixto Comarcal de Abadín |
G27133602 |
Abadín educa en igualdade |
3.000,00 |
3.000,00 |
72 |
|
SI449B-2026-00000042-02 |
AMPA CEIP Oural |
G27384635 |
Lúdico I, gaming e familias |
2.990,00 |
2.990,00 |
72 |
|
SI449B-2026-00000009-02 |
ANPA CPI Poeta Uxío Novoneyra |
G27516673 |
SI449B-axudas económicas ás ANPAS destinadas á promoción da igualdade |
3.000,00 |
3.000,00 |
72 |
|
SI449B-2026-00000054-02 |
ANPA A Faxarda |
G27011642 |
Cine e teatro en igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
71 |
|
SI449B-2026-00000028-02 |
ANPA Ricardo Gasset do Incio |
G27230382 |
Artesa en igualdade 4 |
3.000,00 |
3.000,00 |
71 |
|
SI449B-2026-00000052-02 |
ANPA do IES de Quiroga Ouro do Val |
G27479393 |
Outras narrativas: un proxecto para a (co)producción de relatos en igualdade |
3.000,00 |
3.000,00 |
70 |
|
SI449B-2026-00000002-02 |
ANPA do CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela |
G27291129 |
Igualdade da que deixa pegada |
3.060,00 |
3.000,00 |
70 |
|
SI449B-2026-00000044-02 |
Agrupación de Nais e Pais de alumnos A Ulloa de Palas de Rei |
G27359272 |
Escola de familias IV, en igualdade |
3.108,00 |
3.000,00 |
69 |
|
SI449B-2026-00000013-02 |
APA de los centros docentes de A Fonsagrada |
G27021682 |
Axudas económicas ás ANPAS para a promoción da igualdade |
2.996,40 |
2.996,40 |
68 |
|
SI449B-2026-00000027-02 |
ANPA CEIP San Clodio |
G27458124 |
Lúdico I e redes en igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
68 |
|
SI449B-2026-00000037-02 |
APA CEIP Pedro Caselles Rollán |
G27037787 |
Subvención de igualdade entre homes e mulleres CEIP Pedro Caselles Rollán |
2.990,00 |
2.990,00 |
68 |
|
SI449B-2026-00000039-02 |
ANPA Santa Eulalia e San Berto |
G27323054 |
Multilúdico e publiguais |
2.990,00 |
2.990,00 |
68 |
|
SI449B-2026-00000047-02 |
APA do CEIP Doutor Daniel Monje |
G27243385 |
Lúdico 2 de igualdade |
2.990,00 |
2.990,00 |
68 |
|
SI449B-2026-00000014-02 |
ANPA Abella do CEIP Casás |
G27414051 |
Construíndo respecto para medrar en igualdade |
3.000,00 |
3.000,00 |
67 |
|
SI449B-2026-00000004-02 |
APA del Colegio Público de Pedrafita do Cebreiro |
G27130368 |
Programa multideportivo e lúdico I de igualdade da ANPA de Pedrafita |
2.990,00 |
2.990,00 |
67 |
|
SI449B-2026-00000022-02 |
AMPA CEIP Vista Alegre |
G27030154 |
Mural e música do CEIP Vista Alegre |
3.000,00 |
3.000,00 |
67 |
ANEXO II
Lista de espera
|
Nº lista de espera |
Nº de expediente |
Nome ANPA/federación |
NIF |
Denominación da |
Subvención |
Total puntos |
|
11 |
SI449B-2026-00000038-02 |
ANPA CEP Lois Tobío |
G01799410 |
Programa lúdico de teatro en igualdade da ANPA |
2.990,00 |
65 |
|
19 |
SI449B-2026-00000043-02 |
Federación de Asociaciones de Padres de Alumnos Colegios de EGB BUP y COU |
G27043389 |
En boa onda 2026 |
6.000,00 |
65 |
|
21 |
SI449B-2026-00000017-02 |
ANPA CEIP Veleiro Docampo |
G27371129 |
Gaming, redes sociais e musical en igualdade |
2.990,00 |
65 |
|
22 |
SI449B-2026-00000029-02 |
APA Colegio Público de Lagostelle de Guitiriz |
G27133040 |
Videoxogos e redes sociais en igualdade |
2.990,00 |
65 |
|
23 |
SI449B-2026-00000053-02 |
ANPA Colexio Público do Cádavo |
G27137272 |
Afectivo-sexual, TIC en igualdade |
2.990,00 |
65 |
|
24 |
SI449B-2026-00000025-02 |
ANPA Virxe do Carme |
G27390509 |
Masa nai 4 |
3.000,00 |
65 |
|
25 |
SI449B-2026-00000015-02 |
APA del Colegio San José de Lugo |
G27009299 |
Coeducacción- edición 2026 |
3.000,00 |
64 |
|
30 |
SI449B-2026-00000006-02 |
ANPA Librín EEI San Roque |
G56465917 |
Emociónate e aprende en igualdade |
2.990,00 |
64 |
|
39 |
SI449B-2026-00000001-02 |
ANPA do CEIP de Cervo |
G27136894 |
Gaming e redes sociais en igualdade |
2.990,00 |
64 |
|
41 |
SI449B-2026-00000024-02 |
ANPA CEIP Rosalía de Castro |
G27313808 |
Equidistancias |
3.000,00 |
64 |
|
48 |
SI449B-2026-00000018-02 |
ANPA do CPI Tino Grandío |
G27466895 |
Construindo igualdade: participación creativa e activismo a través das TIC |
3.000,00 |
63 |
|
49 |
SI449B-2026-00000048-02 |
ANPA do CEIP do Páramo |
G16791758 |
Construindo igualdade: participación creativa e activismo a través das TIC |
3.000,00 |
63 |
|
51 |
SI449B-2026-00000005-02 |
APA del Colegio Público Rosalía de Castro de Mosteiro-Pol |
G27239748 |
Musical e gaming en igualdade da ANPA |
2.990,00 |
63 |
|
57 |
SI449B-2026-00000050-02 |
ANPA CPR Cervantes |
G27150754 |
Misión respecto |
3.000,00 |
62 |
|
60 |
SI449B-2026-00000026-02 |
ANPA Escola Educación Infantil de Vilalba |
G27254101 |
Igualdade creativa |
2.990,00 |
62 |
|
61 |
SI449B-2026-00000032-02 |
ANPA CEIP Fondo Nois |
G27045129 |
Multilúdico e publiguais |
2.990,00 |
62 |
|
91 |
SI449B-2026-00000049-02 |
ANPA CEIP San Miguel |
G27226257 |
Encontros en igualdade 2026 |
1.600,90 |
59 |
|
98 |
SI449B-2026-00000060-02 |
APA Santo Estevo |
G27201037 |
Conta contos que sensibilicen sobre os estereotipos de xénero e prevención |
768,83 |
59 |
|
99 |
SI449B-2026-00000046-02 |
ANPA CEIP A Ponte |
G27010461 |
Construindo igualdade: participación creativa e activismo a través das TIC |
3.000,00 |
59 |
|
107 |
SI449B-2026-00000012-02 |
APA Colegio A Gándara |
G27183961 |
Atallar as desigualdades 4 |
3.000,00 |
58 |
|
111 |
SI449B-2026-00000011-02 |
ANPA IES Illa de Sarón |
G75308163 |
Stop cosificación e redes sociais |
1.490,00 |
57 |
|
118 |
SI449B-2026-00000010-02 |
APA Amigos del Menéndez Pelayo |
G27277979 |
Mulleres con voz: escola activa pola igualdade e a prevención |
2.907,50 |
56 |
|
125 |
SI449B-2026-00000020-02 |
APA CPI Dr. López Suárez de Friol |
G27328483 |
Programa de promoción da igualdade entre homes e mulleres |
3.000,00 |
55 |
|
126 |
SI449B-2026-00000055-02 |
ANPA Sagrado Corazón |
G27019256 |
Construíndo igualdade: participación creativa e activismo a través das TIC |
3.000,00 |
54 |
|
127 |
SI449B-2026-00000056-02 |
APA Grupo Escolar Quiroga Ballesteros |
G27120070 |
Construíndo igualdade: participación creativa e activismo das TIC |
3.000,00 |
54 |
|
133 |
SI449B-2026-00000021-02 |
ANPA del CEIP Xoán de |
G27372614 |
Estereotipia miúda |
3.000,00 |
52 |
|
136 |
SI449B-2026-00000058-02 |
ANPA do CEIP Manuel Mato Vizoso |
G27493527 |
Role-playing e gaming pola igualdade |
2.990,00 |
52 |
|
143 |
SI449B-2026-00000034-02 |
APA Colegio Público de Covas |
G27147404 |
Cores, contos e rock con Ramona Órbita |
1.218,00 |
49 |
|
144 |
SI449B-2026-00000036-02 |
ANPA A Lagoa do CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos |
G27237155 |
Igualdade en acción: contos, creación colectiva e educación afectiva |
3.000,00 |
49 |
|
147 |
SI449B-2026-00000023-02 |
A Pedrosa Latas APA Cillero de Vivero |
G27019058 |
Cantos e contos para a igualdade |
582,35 |
48 |
|
148 |
SI449B-2026-00000057-02 |
APA del CEIP Antonio Ínsua Bermúdez |
G27119833 |
Multilúdico e IA de igualdade |
2.990,00 |
47 |
|
153 |
SI449B-2026-00000030-02 |
Asociación de Familias Esteo |
G27125020 |
Proxecto «de bo rollo!» De educación sexual e fomento das relacións de bo trato |
3.000,00 |
43 |
|
157 |
SI449B-2026-00000040-02 |
ANPA IES María Sarmiento |
G27136928 |
Sexo consentido: obradoiros de educación sexual integral |
2.996,40 |
34 |
