Con data do 9 de febreiro de 2026 publícase no Diario Oficial de Galicia número 26 a Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B). Ao abeiro da dita convocatoria establécese a seguinte liña de actuación:
Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI449B).
Para o financiamento das axudas previstas nesta convocatoria destínase crédito por un importe total de catrocentos mil euros (400.000,00 €), con cargo á aplicación 08.07.313D.481.2 código de proxecto 2025 00050, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.
As solicitudes de axuda diríxense, xunto coa documentación necesaria, ao departamento territorial da Consellería de Política Social e Igualdade competente en función da provincia na cal a asociación teña establecida a súa sede social. A instrución do procedemento correspóndelles ás unidades de Igualdade dos departamentos territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade.
A unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Política Social e Igualdade, ao abeiro desta orde, revisou as solicitudes presentadas segundo a sede social das asociacións solicitantes. Así mesmo, a unidade de igualdade do dito departamento territorial revisou as emendas feitas e, unha vez que se comprobou que todas cumprían cos requisitos establecidos e coa documentación necesaria, remitíronse á Comisión de Valoración, órgano creado no artigo 13.2.
O órgano instrutor formulou a proposta de resolución tras a baremación e á vista do informe da Comisión de Valoración e, segundo establece o artigo 15.1, elevou a citada proposta á persoa titular do departamento territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, que resolve con data do 28 de maio de 2026 por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade.
Segundo o artigo 15.3, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 28 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Política Social e Igualdade, ditada no procedemento SI449B no seu ámbito provincial, ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B), e que se xunta a esta resolución no anexo.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 28 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Política Social e Igualdade, pon fin á vía administrativa e que contra ela poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Non se pode interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Ourense, 5 de xuño de 2026
Santiago Álvarez González
Director territorial de Ourense
ANEXO
Resolución do 28 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións na provincia de Ourense, convocadas mediante a Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B).
Antecedentes:
Primeiro. Con data do 9 de febreiro de 2026 publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B).
Segundo. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e realizar a convocatoria para o ano 2026 das subvencións destinadas ás asociacións de nais e pais de alumnado (en diante, ANPA) legalmente constituídas e ás federacións ou confederacións de ANPA, dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización de actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Terceiro. De acordo co establecido no artigo 1.4 das bases reguladoras, o procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cuarto. De acordo co establecido no artigo 13.4 das bases reguladoras, avaliadas as solicitudes no ámbito provincial de Ourense, seguindo os criterios establecidos no artigo 14, a Comisión de Valoración emitiu un informe segundo o cal a unidade de igualdade do Departamento Territorial de Ourense, órgano instrutor, formulou a proposta de resolución ao órgano competente para resolver e na cal se inclúe a proposta de concesión de subvencións segundo a orde de puntuación obtida polas solicitudes e polo importe da axuda correspondente ata esgotar o crédito dispoñible. Así mesmo, propón os expedientes que quedaron en lista de espera por terse esgotado o crédito dispoñible para seren atendidos no caso de producirse algunha renuncia ou un incremento do crédito inicialmente dispoñible, e os expedientes aos cales se lle denegan estas axudas por desistencia expresa, por non cumpriren os requisitos establecidos na convocatoria, ou por non achegaren a documentación requirida no prazo establecido, segundo o establecido no artigo 68.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Quinto. De acordo co establecido no artigo 15.1, logo da proposta da resolución á persoa titular do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Política Social e Igualdade, resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade.
Sexto. Segundo o artigo 15.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a resolución destas subvencións será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas, con expresión sucinta dos motivos da desestimación.
Por todo o anterior, tras o informe de baremación e a proposta emitida pola unidade de igualdade do Departamento Territorial de Ourense como órgano instrutor, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade coa Intervención Delegada, o director do dito departamento territorial de Ourense da Consellería de Política Social e Igualdade, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión,
RESOLVE:
Primeiro. Conceder as subvencións para o financiamento do programa SI449B ás asociacións de nais e pais (ANPA) solicitantes con sede social na provincia de Ourense, que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios e pautas de valoración establecidas no artigo 14 das bases reguladoras e para o desenvolvemento das actuacións que figuran no anexo.
Segundo. Incluír na lista de espera as solicitudes que se indican no anexo II segundo a orde de puntuación e que, de ser o caso, poderán ser atendidas a través do crédito que quede sen comprometer por producirse algunha renuncia ou por un incremento do crédito orzamentario dispoñible destinado a estas axudas. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución.
Terceiro. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa específica, por desistencia expresa, por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 12.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases.
Cuarto. Informar as asociacións de nais e pais beneficiarias, con sede social na provincia de Ourense que figuran no anexo I desta resolución, do seguinte:
a) As axudas para as actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres están financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
b) De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras, estas axudas son compatibles con outras subvencións, axudas e ingresos, ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou entidades públicas ou privadas.
O importe da subvención concedida non poderá superar en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, o custo da actuación ou actividade que vai desenvolver a entidade solicitante, nin o importe total do correspondente concepto de gasto.
En caso de que o conxunto das axudas supere o custo das actividades ou gastos subvencionables, esta axuda reducirase na cantidade necesaria ata acadar o cumprimento do establecido anteriormente.
c) Para poder ser beneficiarias da subvención, as entidades deberán cumprir os requisitos, condicións e obrigas previstas na convocatoria e na normativa xeral de subvencións e, en particular, non atoparse en ningunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 20 (obrigas das entidades beneficiarias) das bases reguladoras, e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.
d) No artigo 22 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, de ser o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.
e) Unha vez publicada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación, e deberá comprometerse a executar a/as actuación/s subvencionada/s no prazo e condicións establecidas na convocatoria, presentando o anexo IV. No caso de non comunicar este aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.
f) De acordo co establecido no artigo 19.1 das bases reguladoras, o pagamento do importe da subvención realizarase do seguinte xeito: un primeiro pagamento do 80 % da contía da subvención concedida, en concepto de anticipo con anterioridade á xustificación da axuda, que se fará efectivo unha vez realizada a publicación da resolución e aceptada por parte da entidade segundo o anexo IV. No caso de non comunicar expresamente a aceptación no prazo indicado no artigo 15.4, entenderase tacitamente aceptada e procederase ao pagamento do anticipo.
Os departamentos territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade, de atoparen conforme a documentación xustificativa, proporán o pagamento do 20 % restante, ou a parte que corresponda, que se librará logo da xustificación por parte das entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas nesta orde.
g) Para poder ser tidos en conta, os gastos deben estar xerados entre o 1 de decembro de 2025 e o 30 de novembro de 2026 e deberán estar efectivamente pagados, como máximo, na data de finalización do prazo de xustificación, o 10 de decembro de 2026.
h) As entidades beneficiarias deberán presentar coa data límite do 10 de decembro de 2026 a documentación xustificativa establecida no artigo 18.
Quinto. Notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2026. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Disposición adicional única da Orde do 22.12.2025; DOG núm. 26, do 9 de febreiro), Santiago Álvarez González, director territorial de Ourense.
