DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 16 de xuño de 2026 Páx. 34482

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, pola que se publica a Resolución do 25 de maio de 2026 que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións da provincia de Pontevedra, convocadas mediante a Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B).

O 9 de febreiro de 2026 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 26 a Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B). Ao abeiro da dita convocatoria establécese a seguinte liña de actuación:

Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI449B).

Para o financiamento das axudas previstas nesta convocatoria destínase crédito por un importe total de catrocentos mil euros (400.000,00 €), con cargo á aplicación 08.07.313D.481.2, código de proxecto 2025 00050, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

As solicitudes de axuda diríxense, xunto coa documentación necesaria, ao departamento territorial da Consellería de Política Social e Igualdade competente en función da provincia na cal a asociación teña establecida a súa sede social. A instrución do procedemento correspóndelles ás unidades de Igualdade dos departamentos territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade.

A unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, ao abeiro desta orde, revisou as solicitudes presentadas segundo a sede social das asociacións solicitantes. Así mesmo, a unidade de igualdade do dito departamento territorial revisou as emendas feitas e, unha vez que se comprobou que todas cumprían cos requisitos establecidos e coa documentación necesaria, remitíronse á Comisión de Valoración, órgano creado no artigo 13.2.

O órgano instrutor formulou a proposta de resolución tras a baremación e á vista do informe da Comisión de Valoración e, segundo establece o artigo 15.1, elevou a citada proposta á persoa titular do departamento territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, que resolve con data do 25 de maio de 2026 por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade.

Segundo o artigo 15.3, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 25 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, ditada no procedemento SI449B no seu ámbito provincial, ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B), e que se xunta a esta resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 25 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, pon fin á vía administrativa e que contra ela poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non se pode interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Vigo, 5 de xuño de 2026

Mª Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Resolución do 25 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións na provincia de Pontevedra, convocadas mediante a Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B).

Antecedentes:

Primeiro. O 9 de febreiro de 2026 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B).

Segundo. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e realizar a convocatoria para o ano 2026 das subvencións destinadas ás asociacións de nais e pais de alumnado (en diante ANPA) legalmente constituídas e ás federacións ou confederacións de ANPA, dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización de actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Terceiro. De acordo co establecido no artigo 1.4 das bases reguladoras, o procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cuarto. De acordo co establecido no artigo 13.4 das bases reguladoras, avaliadas as solicitudes no ámbito provincial de Pontevedra, seguindo os criterios establecidos no artigo 14, a Comisión de Valoración emitiu un informe segundo o cal a unidade de igualdade do Departamento Territorial de Vigo, órgano instrutor, formulou a proposta de resolución ao órgano competente para resolver e na que se inclúe a proposta de concesión de subvencións segundo a orde de puntuación obtida polas solicitudes e polo importe da axuda correspondente ata esgotar o crédito dispoñible. Así mesmo, propón os expedientes que quedaran en lista de espera por terse esgotado o crédito dispoñible para seren atendidos no caso de producirse algunha renuncia ou un incremento do crédito inicialmente dispoñible, e os expedientes aos que se lle denegan estas axudas por desistencia expresa, por non cumpriren os requisitos establecidos na convocatoria, ou por non achegaren a documentación requirida no prazo establecido, segundo o establecido no artigo 68.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Quinto. De acordo co establecido no artigo 15.1, tras a proposta da resolución á persoa titular do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade.

Sexto. Segundo o artigo 15.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a resolución destas subvencións será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas, con expresión sucinta dos motivos da desestimación.

Por todo o anterior, tras o informe de baremación e a proposta emitida pola unidade de igualdade do Departamento Territorial de Vigo como órgano instrutor, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade coa Intervención Delegada, a directora do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión,

RESOLVE:

Primeiro. Conceder as subvencións para o financiamento do programa SI449B ás asociacións de nais e pais (ANPA) solicitantes con sede social na provincia de Pontevedra que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios e pautas de valoración establecidos no artigo 14 das bases reguladoras e para o desenvolvemento das actuacións que figuran no anexo.

Segundo. Incluír na lista de espera as solicitudes que se indican no anexo II segundo a orde de puntuación e que, de ser o caso, poderán ser atendidas a través do crédito que quede sen comprometer por producirse algunha renuncia ou por un incremento do crédito orzamentario dispoñible destinado a estas axudas. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución.

Terceiro. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa específica, por desistencia expresa, por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 12.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases.

Cuarto. Informar as asociacións de nais e pais beneficiarias con sede social na provincia de Pontevedra que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:

a) As axudas para as actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres están financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

b) De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras, estas axudas son compatibles con outras subvencións, axudas e ingresos, ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou entidades públicas ou privadas.

O importe da subvención concedida non poderá superar en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, o custo da actuación ou actividade que vai desenvolver a entidade solicitante, nin o importe total do correspondente concepto de gasto.

En caso de que o conxunto das axudas supere o custo das actividades ou gastos subvencionables, esta axuda reducirase na cantidade necesaria ata acadar o cumprimento do establecido anteriormente.

c) Para poder ser beneficiarias da subvención, as entidades deberán cumprir os requisitos, condicións e obrigas previstas na convocatoria e na normativa xeral de subvencións e, en particular, non atoparse en ningunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 20 (obrigas das entidades beneficiarias) das bases reguladoras, e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.

d) No artigo 22 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, de ser o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.

e) Unha vez publicada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación, e deberá comprometerse a executar a/as actuación/s subvencionada/s no prazo e condicións establecidas na convocatoria, presentando o anexo IV. No caso de non comunicar este aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

f) De acordo co establecido no artigo 19.1 das bases reguladoras, o pagamento do importe da subvención realizarase do seguinte xeito: un primeiro pagamento do 80% da contía da subvención concedida, en concepto de anticipo con anterioridade á xustificación da axuda, que se fará efectivo unha vez realizada a publicación da resolución e aceptada por parte da entidade segundo o anexo IV. No caso de non comunicar expresamente a aceptación no prazo indicado no artigo 15.4, entenderase tacitamente aceptada e procederase ao pagamento do anticipo.

Os departamentos territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade, de atoparen conforme a documentación xustificativa, proporán o pagamento do 20 % restante, ou a parte que corresponda, que se librará logo da xustificación por parte das entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas nesta orde.

g) Para poder ser tidos en conta, os gastos deben estar xerados entre o 1 de decembro de 2025 e o 30 de novembro de 2026 e deberán estar efectivamente pagados, como máximo, na data de finalización do prazo de xustificación, o 10 de decembro de 2026.

h) As entidades beneficiarias deberán presentar coa data límite do 10 de decembro de 2026 a documentación xustificativa establecida no artigo 18.

Quinto. Notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2026. A conselleira de Política Social e Igualdade, P.D. (Disposición adicional única da Orde do 22.12.2025; DOG núm. 26, do 9 de febreiro), Mª Ángeles Rouco Fernández, directora territorial de Vigo.

ANEXO I

Concesións

Nº de expediente

Nome ANPA/federación

NIF

Denominación da medida
ou programa

Custo da actuación (€)

Importe
subvención(€)

Total puntos

SI449B-2026-00000051-05

ANPA Alcoube CPI Curros Enríquez

G36054054

As emocións da igualdade

3.000,00

3.000,00

86

SI449B-2026-00000005-05

Asociación de Pais CP El Rosario

G36752673

Un horizonte de igualdade

3.000,00

3.000,00

81

SI449B-2026-00000035-05

ANPA das Escolas Rurais do Rosal

G94006566

Somos familia, somos equipo III edición programa de corresponsabilidade e igualdade

2.050,00

2.050,00

81

SI449B-2026-00000069-05

ANPA Colexio M. Inmaculada Carmarín

G36620243

Igualdade dende a palabra

3.000,00

3.000,00

79

SI449B-2026-00000077-05

ANPA O Suido do CEIP Antonio Blanco Rodríguez de Covelo

G36014926

Accións de igualdade ANPA O Suído

1.700,00

1.700,00

79

SI449B-2026-00000009-05

ANPA San Pedro de Cesantes

G36538858

Medrando en igualdade na EEI de Cesantes

2.335,00

2.335,00

78

SI449B-2026-00000079-05

ANPA Colexio Infantil O Areal

G36978955

Unha infancia pola igualdade 2026

1.935,00

1.935,00

78

SI449B-2026-00000010-05

APA Colexio Público Santa Marina de Becerreira

G36647410

Voando alto en igualdade

3.000,00

3.000,00

78

SI449B-2026-00000091-05

Federación de ANPA de Redondela

G44769743

Mitos off, igualdade on Redondela likes, filtros e vidas im-perfectas

6.000,00

6.000,00

77

SI449B-2026-00000048-05

ANPA As Fragatas da Escola de Educación Infantil do Con

G36183101

Medrando en igualdade sementando bo trato e corresponsabilidade dende a 1ª infancia

2.982,35

2.982,35

76

SI449B-2026-00000057-05

ANPA do IES Terra de Turonio

G36847556

Entre redes e realidades: igualdade no século XXI

3.000,00

3.000,00

76

SI449B-2026-00000058-05

APA Loureza do Colexio de Refoxos-Oia

G36372191

Aprendemos en igualdade 2026

2.750,00

2.750,00

75

SI449B-2026-00000042-05

ANPA Fornobedo

G36112092

Educando para a igualdade e o respecto

3.000,00

3.000,00

74

SI449B-2026-00000003-05

ANPA Joaquina Sobrino

G36130169

Construíndo pontes cara á igualdade

3.000,00

3.000,00

73

SI449B-2026-00000045-05

ANPA. Aquam Latam do CEIP de Agolada

G67690529

Outro mundo é posible III

2.986,34

2.986,34

72

SI449B-2026-00000065-05

ANPA Santa Mariña Colexio Público Serra Vincios

G36628022

Actividades promoción igualdade e prevención violencia

3.000,00

3.000,00

72

SI449B-2026-00000089-05

APA Colexio Público Teis Paraixal Os Únicos

G36621704

Fomentando a igualdade no Paraixal

2.282,00

2.282,00

72

SI449B-2026-00000049-05

ANPA Galopíns do CEIP Plurilingüe Baño-Xanza

G36148914

Educar en igualdade

3.000,00

3.000,00

72

SI449B-2026-00000080-05

ANPA Xulio Lois

G36174985

Afectivo-sexual, TIC e igualdade

2.990,00

2.990,00

72

SI449B-2026-00000054-05

ANPA do CEIP Párroco Don Camilo

G36643500

Programa igualdade, corresponsabilidade e educación sexual

3.000,00

3.000,00

72

SI449B-2026-00000073-05

Asociación Nais e Pais Paxariñas

G94091881

Os labores que sosteñen a vida, os valores que asentan a igualdade

3.000,00

3.000,00

72

SI449B-2026-00000047-05

ANPA do Colexio de Ensinanza Infantil Público San Clemente

G36143428

Ciclo de actividades para a promoción da igualdade e a prevención da violencia

2.627,25

2.627,25

71

SI449B-2026-00000044-05

ANPA Pardo Bazán

G36023042

Polo camiño da igualdade

3.000,00

3.000,00

71

SI449B-2026-00000100-05

APA do Instituto de Ensinanza Media e Profesional Baixo Miño

G36135986

Proxecto De bo rollo

3.000,00

3.000,00

70

SI449B-2026-00000110-05

ANPA Alborada Colexio Virxe Milagrosa

G36159309

II xornadas de igualdade: reinventando contos, construíndo realidades

3.000,00

3.000,00

70

SI449B-2026-00000092-05

ANPA Covaterreña

G36879120

Igualdade e coidados: construíndo convivencia

3.000,00

3.000,00

70

SI449B-2026-00000061-05

ANPA Os Valados do CEIP Vilaverde

G36018315

Sexualidade en igualdade

3.000,00

3.000,00

70

SI449B-2026-00000008-05

ANPA Diomedes

G36029924

Rachemos co silencio da violencia

3.000,00

3.000,00

70

SI449B-2026-00000026-05

APA do Colexio Nacional Carrasqueira Coruxo

G36729267

SI449B

3.000,00

3.000,00

69

SI449B-2026-00000004-05

ANPA do CEP Sabarís

G36801579

Ondas de cambio pola igualdade

3.000,00

3.000,00

69

SI449B-2026-00000059-05

ANPA do Colexio Anxo da Garda

G36713154

A maxia da igualdade

3.000,00

3.000,00

68

SI449B-2026-00000007-05

ANPA do Colexio Público de Cedeira

G36037166

Educando en igualdade

3.000,00

3.000,00

68

SI449B-2026-00000086-05

ANPA Nosa Señora da Piedade

G36196277

Proxecto Cruces en igualdade

3.100,00

3.000,00

67

SI449B-2026-00000103-05

ANPA do Colexio Hernán Cortés

G36862639

Propostas de igualdade EEI Hernán Cortés

1.929,30

1.929,30

67

SI449B-2026-00000037-05

ANPA Balacaxia IES Primero de Marzo

G36818409

Tecendo igualdade en rede

3.000,00

3.000,00

67

SI449B-2026-00000087-05

ANPA Aidón do Colexio Público Sequelo de Marín

G36123057

Programa de promoción da igualdade

3.000,00

3.000,00

67

SI449B-2026-00000084-05

Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as de Vigo e Comarca

G36743946

Coeducación: a chave da igualdade

6.000,00

6.000,00

67

SI449B-2026-00000018-05

ANPA Albores do CEIP Humberto Juanes

G36777605

En igualdade o vento sopra a favor

3.000,00

3.000,00

66

SI449B-2026-00000067-05

ANPA San Cristovo do CEIP Igrexa-Candeán

G36727345

Deconstruíndo a realidade: en Candeán polo feminismo

2.340,00

2.340,00

66

ANEXO II

Lista de espera

Nº de lista
de espera

Nº de expediente

Nome ANPA/federación

NIF

Denominación da medida
ou programa

Subvención solicitada (€)

Total puntos

1

SI449B-2026-00000097-05

ANPA O Toural

G36578722

Toural diverso: segur@as na igualdade

3.000,00

66

5

SI449B-2026-00000033-05

APA A Barxa

G36782373

Coeducando na Barxa 8

3.000,00

66

8

SI449B-2026-00000075-05

ANPA Cela e Pereiras de alumnos CEIP Atín-Cela

G36119659

Habitar os coidados

3.000,00

66

10

SI449B-2026-00000095-05

Federación de ANPAS de Centros Públicos A Gameliña de Cangas

G36537900

Programa de xornadas pola igualdade 2026 A Gameliña

6.000,00

65,5

12

SI449B-2026-00000025-05

APAS Colexio Público Valadares-Sobreira

G36789030

Igualdade na Sobreira

3.000,00

65

13

SI449B-2026-00000104-05

Asociación Nais e Pais de Alumnos Cernades do CEIP Carballal

G36732444

Prevención dende a base

3.000,00

65

17

SI449B-2026-00000014-05

APA Mestre Valverde Maio

G36174837

Eu. Ti. Nós na igualdade

3.000,00

65

18

SI449B-2026-00000032-05

ANPA de Vilariño

G36705317

Arquipélago da igualdade

1.220,00

65

20

SI449B-2026-00000030-05

Federación das ANPAS do Val Miñor

G36822682

A igualdade suma

5.790,00

65

34

SI449B-2026-00000062-05

ANPA A Muralla do CEIP Abelendo

G36128718

A muralla do coidado

2.968,80

64

36

SI449B-2026-00000102-05

Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CEIP Pena de Francia de Mos

G36014611

Plan de igualdade: “non somos de molde”

1.890,00

64

38

SI449B-2026-00000053-05

ANPA no Centro Docente Divino Salvador de Vigo

G27780055

Na miña pel

3.000,00

64

43

SI449B-2026-00000002-05

Asociación de Pais do Colexio Javier Sensat

G36682292

Educando en igualdade

3.000,00

63

44

SI449B-2026-00000024-05

Asociación de Pais e Nais Anduriña

G36411320

Camiñando en igualdade

2.818,20

63

45

SI449B-2026-00000101-05

Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CEIP Porto-Cabeiro de Vilar de Infesta

G36191682

A igualdade é arte: educando en igualdade e bo trato

3.000,00

63

47

SI449B-2026-00000055-05

APA Chan do Monte

G36188084

Sementando a igualdade no Chan do Monte II: desaprender para reaprendermos

3.000,00

63

55

SI449B-2026-00000078-05

Asociación de Nais e Pais de Alumnos Río Lérez

G36012532

Medrando en igualdade coa ANPA Río Lérez

2.954,00

62

58

SI449B-2026-00000088-05

ANPA O Cruceiro de Vilalonga

G36056448

Actividades formativas de igualdade para as familias do colexio Cruceiro

2.400,00

62

63

SI449B-2026-00000063-05

Surgapa-Asociación de Nais e Pais de Alumnos do Suroeste de Galicia

G36959658

Igualdade 2026

6.000,00

61,5

71

SI449B-2026-00000093-05

ANPA Folerpas da EEI Ventosela

G36289213

Medrando en igualdade: educación afectivo-sexual, emocional e benestar na infancia

1.260,00

61

72

SI449B-2026-00000022-05

Asociación A Toxa ANPA do CEIP As Covas

G36061513

A igualdade que acende

2.090,00

61

74

SI449B-2026-00000082-05

ANPA CEIPP San Roque

G36155679

ANPA San Roque pola igualdade 2026

3.000,00

61

77

SI449B-2026-00000068-05

ANPA O Areeiro do CEIP San Benito de Lérez

G36030229

Medrando en igualdade: cambiemos a narrativa

3.000,00

61

80

SI449B-2026-00000056-05

AFA Souto Donas

G36803799

Diveriguais

2.970,00

60

81

SI449B-2026-00000085-05

APA do CEIP do Hío Cangas

G36148666

Proxecto ultravioleta: traballando a igualdade de xénero a través da educación

2.992,88

60

88

SI449B-2026-00000001-05

Asociación de Madres y Padres de Alumnos del Colegio San Fermín de Caldas de Reis

G36149664

Escola de familias do centro de ensinanza CPR San Fermín

2.902,12

60

89

SI449B-2026-00000064-05

Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CEIP Viña Grande-Deiro

G36036952

Sementando igualdade

3.000,00

60

92

SI449B-2026-00000016-05

ANPA Xosé Neira Vilas

G36709178

Vento a favor da igualdade

3.000,00

59

95

SI449B-2026-00000090-05

APA A Igrexa do Colexio Público Igrexa Chapela Redondela

G36210250

Igualdade na vida

3.000,00

59

96

SI449B-2026-00000098-05

Asociación ANPA O Xunqueiro do CEIP Chancelas

G36209930

Actividades formativas en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero

3.000,00

59

97

SI449B-2026-00000020-05

Asociación de Pais e Nais Volvoreta

G36361152

Habitar os coidados

2.970,00

59

101

SI449B-2026-00000074-05

Asociación de Nais e Pais de Alumnos Santa Mariña do IES Pedro Floriani de Redondela

G36236032

Programa de sensibilización e educación en igualdade e redes sociais

3.000,00

58

102

SI449B-2026-00000013-05

APA La Arcadia do Colexio Lope de Vega

G36733871

Educando en igualdade

3.000,00

58

104

SI449B-2026-00000109-05

Asociación de Pais Alumnos Colexio San José de Cluny

G36755676

Festa temática pola igualdade e encontro das familias

2.564,00

58

105

SI449B-2026-00000040-05

Asociación de Pais/Nais de Alumnos do IES de Salceda Pantel

G36511640

Obradoiros de igualdade no IES Pedras Rubias

3.000,00

58

106

SI449B-2026-00000076-05

Asociación de Nais e Pais de Alumnos de CEIP de Laredo Penedos

G36024040

Laredo en igualdades

3.000,00

58

108

SI449B-2026-00000083-05

ANPA Os Golfiños do CEIP Torre-Illa

G94133436

Medrando en igualdade Torre-Illa

2.900,00

58

119

SI449B-2026-00000081-05

APA do Colexio Nacional Comarcal Salceda de Caselas

G36017473

Proxecto igualdade ANPA Altamira

3.000,00

56

120

SI449B-2026-00000041-05

ANPA Saladino Cortizo

G36812063

Programa de igualdade e prevención da violencia de xénero no CEE Saladino Cortizo

3.000,00

55

129

SI449B-2026-00000015-05

ANPA Colexio Montesol

G36740835

A mocidade feminista

3.000,00

53

130

SI449B-2026-00000060-05

Asociación ANPA IES A Xunqueira

G36826840

A igualdade que acende

3.000,00

53

134

SI449B-2026-00000019-05

ANPA A Oliveira

G36127868

Polo camiño da igualdade

3.000,00

52

135

SI449B-2026-00000050-05

APA del Colegio Mariano de las MM Franciscanas

G36635860

Facendo clic

3.000,00

52

139

SI449B-2026-00000096-05

Asociación de Nais e Pais de Alumnos O Galo do Colexio Público Barcelos

G36141000

Familias conectadas uso responsable e crítico de internet e das novas tecnoloxías

400,00

51

140

SI449B-2026-00000028-05

Asociación ANPA San Martiño de Salcedo

G36120251

Actividades para a promoción da igualdade

2.995,34

51

149

SI449B-2026-00000106-05

ANPA IES Rodeira

G36146835

Programa de actividades en materia de igualdade da ANPA IES Rodeira 2026

3.000,00

47

152

SI449B-2026-00000039-05

ANPA Emilia Pardo Bazán O Chouzo

G36732758

O Chouzo en igualdade

3.000,00

44

154

SI449B-2026-00000036-05

Asociación de Pais Cultural e Deportiva Monterrei

G36827939

Semente de igualdade

3.000,00

43

ANEXO III

Solicitudes excluídas e desistidas

Nº de expediente

Nome ANPA/federación

NIF

Causas de denegación

SI449B-2026-00000006-05

ANPA do Colexio Público de Cruz Budiño Porriño

G36119030

Artigo 5: incumprimento das condicións dos gastos subvencionables

SI449B-2026-00000011-05

APA Valdarosa do IES de Ponte Caldelas

G36321164

Artigo 12: desistencia por non contestar correctamente o requirimento

SI449B-2026-00000012-05

APA Colexio Labor

G36735587

Artigo 5: incumprimento das condicións dos gastos subvencionables

SI449B-2026-00000017-05

Asociación ANPA IES de Cotobade

G36572295

Artigo 12: desistencia por non contestar correctamente o requirimento

SI449B-2026-00000021-05

APA Colexio Público e Preescolar Valadares Igrexa de Vigo

G36628030

Artigo 12: desistencia por non contestar correctamente o requirimento

SI449B-2026-00000023-05

Asociación Pais Alumnos Colexio Público Figueroa

G36154508

Artigo 12: desistencia por non contestar correctamente o requirimento

SI449B-2026-00000027-05

APA do Colexio de EXB de Codeseda

G36150480

Artigo 5: incumprimento das condicións dos gastos subvencionables

SI449B-2026-00000029-05

Asociación de Nais e Pais de Alumnos Madreboa

G36132827

Artigo 12: desistencia por non contestar o requirimento

SI449B-2026-00000031-05

APA Outeiro Colexio Público Villar Paramá

G36276046

Artigo 12: desistencia por non contestar o requirimento

SI449B-2026-00000034-05

Asociación de Pais do Colexio Público Seis do Nadal

G36713758

Artigo 12: desistencia por non contestar correctamente o requirimento

SI449B-2026-00000038-05

Asociación Pais de Alumnos Atalaia

G36039436

Artigo 12: desistencia por non contestar o requirimento

SI449B-2026-00000043-05

APA Colexio Público de Cercio

G36208262

Artigo 12: desistencia por non contestar o requirimento

SI449B-2026-00000046-05

Asociación APA A Porteliña-Pazos de Reis

G36485183

Artigo 12: desistencia por non contestar o requirimento

SI449B-2026-00000052-05

ANPA Zon de Ardora do CEIP Nazaret

G22772024

Artigo 5: incumprimento das condicións dos gastos subvencionables

SI449B-2026-00000066-05

ANPA Pequeval do CRA de Valga

G36394070

Artigo 12: desistencia por non contestar o requirimento

SI449B-2026-00000070-05

Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CEIP da Cruz-ANPA As Baleazas-Camos-Nigrán

G36734838

Artigo 12: desistencia por non contestar correctamente o requirimento

SI449B-2026-00000071-05

Asociación ANPA Chans de Randufe

G36035921

Artigo 12: desistencia por non contestar correctamente o requirimento

SI449B-2026-00000072-05

ANPA Costa Arriba

G22829907

Artigo 12: desistencia por non contestar o requirimento

SI449B-2026-00000094-05

ANPA Sanxuvite

G36192508

Artigo 12: desistencia por non contestar correctamente o requirimento

SI449B-2026-00000099-05

Asociación de Nais e Pais do CEIP Rosalía de Castro do Carril

G36179547

Artigo 12: desistencia por non contestar o requirimento

SI449B-2026-00000105-05

ANPA A Montesiña do Colexio Santiago Apostol-Soutomaior

G36142016

Artigo 12: desistencia por non contestar correctamente o requirimento

SI449B-2026-00000107-05

APA do Colexio San José de la Guía de las Madres Josefinas de Vigo

G36813426

Artigo 12: desistencia por non contestar o requirimento

SI449B-2026-00000108-05

ANPA Pena do Equilibrio

G36156891

Artigo 12: desistencia por non contestar correctamente o requirimento

SI449B-2026-00000111-05

AFA Marco do CEIP Sárdoma Moledo

G27772490

Artigo 5: incumprimento das condicións dos gastos subvencionables

SI449B-2026-00000112-05

APA Santa Mariña Dozo

G36157519

Artigo 12: desistencia por non contestar o requirimento