DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 16 de xuño de 2026 Páx. 34676

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de aprobación definitiva de instrumento de planeamento urbanístico (expediente 2024/U035/000001).

O Pleno Municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 27 de abril de 2026, aprobou definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para a implantación dunha área deportiva na Lagoa, segundo a documentación técnica asinada o 14 de abril de 2026 polo arquitecto xefe do Servizo de Urbanismo e Obras deste concello, Alfredo Garrote Pazos.

Faise público este acordo, segundo o disposto no artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (Decreto 143/2016, do 22 de setembro), e de conformidade co disposto no artigo 82 da mesma lei e no 199 do seu regulamento, xunto co documento dilixenciado, que está á disposición dos interesados na páxina web do Concello de Carballo, na seguinte ligazón:

https://carballo.gal/urbanismo-e-axenda-urbana/documentos-en-tramitacion/

Carballo, 18 de maio de 2026

José Daniel Pérez López
Alcalde