Mediante a Resolución da Alcaldía 2026-0168, do 11 de maio de 2026, a Alcaldía acordou:
Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público do Concello de Muras para o ano 2026, que contén os seguintes postos de traballo:
Persoal laboral
|
Categoría laboral |
Especialidade |
Nº vacantes |
Denominación |
Observacións |
|
Oficial 1 |
Oficial |
1 |
Oficial coordinador obras |
Concurso-oposición (praza ocupada por indefinido non fixo por sentenza) |
|
Oficial 1 |
Oficial |
1 |
Operario condutor |
Concurso-oposición (praza ocupada por indefinido non fixo por sentenza) |
Segundo. Publicar a oferta de emprego público na sede electrónica deste concello e no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Convocar as prazas ofertadas en execución desta oferta de emprego público dentro do prazo improrrogable de tres anos contados desde a súa data de publicación.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da referida publicación, sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Muras, 13 de maio de 2026
Manuel Requeijo Arnejo
Alcalde
