DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 16 de xuño de 2026 Páx. 34678

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do expediente 2024/PLANEAM/000005 (FG 731).

Na sesión ordinaria do Pleno do Concello, que tivo lugar o día 20 de maio de 2026, acordouse aprobar inicialmente a modificación puntual número 14 do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para a delimitación do núcleo rural no SUD-22, O Río (documento 2026008185, do 17 de abril).

De conformidade co artigo 60 da Lei 2/2016, o expediente estará exposto na páxina web do Concello, www.oleiros.org na área de Urbanismo-Trámites de información pública, durante o prazo de dos meses, para presentar as alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 25 de maio de 2026

Ángel García Seoane
Alcalde presidente