DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 16 de xuño de 2026 Páx. 34679

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pazos de Borbén

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira.

Mediante o Decreto de Alcaldía, de 22 de maio de 2025, acordouse nomear persoal funcionario de carreira do Concello de Pazos de Borbén da praza de arquitecto/a técnico/a, da escala de Administración especial, grupo A, subgrupo A2, de conformidade coa proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de concurso-oposición, da OEP do ano 2025, a Ana Celia Barcia Rodríguez, con DNI ***3458**.

A persoa nomeada deberá tomar posesión no prazo máximo dun (1) mes desde a publicación da resolución/nomeamento, de acordo co indicado nas bases.

Contra este presente acordo poderán interporse os seguintes recursos: potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acordo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta notificación. Contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, se non se interpuxo o de reposición. Se se interpuxo este último, o prazo de dous meses empezará a contar desde o día seguinte ao da notificación da resolución do recurso de reposición, se esta for expresa. Se a resolución non for expresa, o prazo para interpor o recurso contencioso-administrativo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo. Calquera outro que considere conveniente, baixo a súa responsabilidade.

Pazos de Borbén, 25 de maio de 2026

Xosé Luciano Otero Camiña
Alcalde