BDNS (Identif.): 912497.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/912497 (minimis xeral)
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/912496 (minimis agrícola)
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/912492
Os códigos asignados pola BDNS corresponden a un mesmo texto de convocatoria.
Primeiro. Obxecto
Fomentar actuacións que animen á participación privada no proceso de desenvolvemento rural mediante a concesión de premios a iniciativas de desenvolvemento rural.
Segundo. Beneficiarios
Persoas físicas ou xurídicas de natureza privada.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 2 de xuño de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia e se convoca a décimo sétima edición (código de procedemento MR709A).
Cuarto. Contía
A contía global da convocatoria é de 84.000,00 €.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
Sexto. Outros datos
Este procedemento tramítase en réxime de concorrencia competitiva.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2026
Mª Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
