O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no primeiro cuadrimestre do ano 2026, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2026
Alfredo Fernández Ríos
Director da Axencia Galega da Industria Forestal
ANEXO I
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no primeiro cuadrimestre do ano 2026
|
Convenio |
Data da sinatura |
Achega económica da axencia |
|
Acordo de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal e Ecocelta Galicia, S.L. para o desenvolvemento de programas do Plan de innovación e mellora Innovación forestal de Galicia do Centro de Investigación Forestal de Lourizán (CIF de Lourizán) |
27.3.2026 |
Sen achega económica |
