DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 17 de xuño de 2026 Páx. 34825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 26 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos BS650A e BS650G.

Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, tras se intentar a notificación das resolucións ditadas no procedemento no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas. Estas son emprazadas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo, rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro das ditas resolucións. Así mesmo, advírteselles que, de non facelo así, se terán por efectuadas as notificacións no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpor reclamación previa á vía xurisdicional social, ante este departamento territorial, no prazo de trinta (30) días, contados desde o día seguinte á data da súa notificación realizada por comparecencia, ao abeiro do disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 26 de maio de 2026

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO I

Procedemento BS650A

Núm. de expte.

Núm. de DNI/NIE/pasaporte ou similar da persoa interesada

Resolución e data

36/00341-I/24

35647232S

Modificación, 24.4.2026

36/00186-I/25

36093054M

Denegación, 6.5.2026

36/00415-I/25

35453873V

Denegación, 20.4.2026

36/00527-I/25

36051373T

Denegación, 6.5.2026

36/00165-I/26

Y2427178W

Desistencia, 24.4.2026

ANEXO II

Procedemento BS650G

Núm. de expte.

Núm. de DNI/NIE/pasaporte ou similar da persoa interesada

Resolución e data

36/00720-X/06

34428260C

Modificación, 21.4.2026

36/00230-X/21

35232859X

Extinción, 28.4.2026