DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 17 de xuño de 2026 Páx. 34823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 18 de maio de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente BS611A 2024/0376-1 e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fora posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación das resolucións das reclamacións previas ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas ou as súas persoas representantes debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias do Servizo de Discapacidade do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselles que, contra as resolucións que se notifican, poderán interpoñerse a demanda perante a xurisdición social no prazo de 30 días contados desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, practicadas por comparecencia, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 18 de maio de 2026

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2024/0376-1

32421140H

Desestimación da reclamación

9.3.2026

2024/3541-1

47369663J

Desestimación da reclamación

30.3.2026

2024/13484-1

46919975K

Desestimación da reclamación

20.3.2026

2024/4985-1

32829949W

Desestimación da reclamación

30.3.2026

2025/5429-1

54921037G

Estimación da reclamación

6.4.2026

2024/4788-1

47360583H

Desestimación da reclamación

14.4.2026