DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 17 de xuño de 2026 Páx. 34753

III. Outras disposicións

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se aproba a décima actualización do Plan básico autonómico de Galicia.

I. Antecedentes.

O Plan básico autonómico de Galicia (PBA) foi aprobado polo Decreto 83/2018, do 26 de xullo, e publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) número 162, do 27.8.2018, así como nos catro boletíns oficiais provinciais (BOP da Coruña número 186, do 28.9.2018; BOP de Lugo número 224, do 28.9.2018; BOP de Ourense número 224, do 28.9.2018 e BOP de Pontevedra número 188, do 28.9.2018).

O Plan básico autonómico foi obxecto de nove actualizacións, sendo a última delas aprobada por Resolución do 15 de decembro de 2025, da directora xeral de Urbanismo (DOG número 244, do 18.12.2025), coa corrección de erros do 13 de xaneiro de 2026 (DOG número 17, do 27.1.2026).

II. Normativa.

Na actualización do Plan básico autonómico tense en conta a seguinte normativa:

– Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (en diante, LSG).

– Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (en diante, RLSG).

– Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico.

III. Consideracións xurídicas e técnicas.

Segundo o artigo 90.4 do RLSG, o Plan básico autonómico debe actualizarse en función dos cambios derivados das modificacións das afeccións sectoriais e da aprobación dos instrumentos de ordenación do territorio.

De conformidade co artigo 9 do Decreto 83/2018, do 26 de xullo, estes cambios resultarán directamente vinculantes desde a súa entrada en vigor e prevalecerán sobre a información reflectida na cartografía do Plan básico autonómico. Porén, isto enténdese sen prexuízo da necesidade de que a cartografía do Plan básico autonómico se actualice por resolución administrativa e se faga a publicación do correspondente anuncio no DOG cunha periodicidade mínima anual.

De conformidade co disposto no artigo 90.4 do RLSG, no artigo 9 do Decreto 83/2018, do 26 de xullo, e no artigo 13 do Decreto 142/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, en relación co Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, a competencia para a actualización do Plan básico autonómico correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral de Urbanismo

En virtude do exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a décima actualización cartográfica do Plan básico autonómico de Galicia resultante da información recompilada e da memoria de cambios que se integran como anexo I e anexo II desta resolución.

A documentación desta actualización poderá consultarse nas seguintes ligazóns:

https://territorioeurbanismo.xunta.gal/gl/territorio-e-urbanismo/rexistro-de-ordenacion-do-territorio-e-urbanismo

http://mapas.xunta.gal/visores/pba/

Segundo. Ordenar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 9 do Decreto 83/2018, do 26 de xullo.

Terceiro. De conformidade co artigo 88 da LSG e os artigos 212.1 e 213 do RLSG, a Dirección Xeral de Urbanismo inscribirá de oficio a actualización do Plan básico autonómico de Galicia no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.

Cuarto. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2026

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Urbanismo

ANEXO I

Información recompilada para a 10ª actualización cartográfica do PBA (ACT2026_06)

1. De conformidade co previsto no artigo 90.4 do RLSG e no artigo 9 do Decreto 83/2018, do 26 de xullo, a Dirección Xeral de Urbanismo solicitou dos diferentes organismos que acheguen a información da súa competencia que vincula o PBA. Asemade, atendeu todas as alegacións recibidas sobre o documento e reenviounas ao organismo sectorial competente por razón da materia para a súa valoración.

2. Consta no expediente administrativo da décima actualización do PBA (ACT2026_06) a seguinte información:

Información achegada por organismos sectoriais.

• Administración autonómica:

– Dirección Xeral de Defensa do Monte.

– Dirección Xeral de Enerxía Renovables e Cambio Climático.

– Cámara Oficial Mineira de Galicia.

– Axencia Galega de Infraestruturas.

– Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

– Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.

Alegacións de administracións ou particulares, que foron oportunamente trasladadas aos órganos sectoriais competentes na materia para a súa valoración e corrección, se procedese:

• Unha alegación do Concello de Guitiriz relativa a unha afección de defensa.

• Unha alegación dun particular, outra do Concello de Culleredo, outra do Concello de Vimianzo e outra do Concello de Narón, todas relativas a elementos da listaxe de bens do Catálogo de patrimonio cultural de Galicia que consta no anexo IX do PBA.

• Unha alegación dun particular, relativa á representación dun camiño na cartografía do mapa base do PBA.

Pola súa parte, a Dirección Xeral de Urbanismo, no ámbito das súas competencias en ordenación do territorio, achegou a información respecto dos instrumentos de ordenación do territorio aprobados desde a última actualización do documento.

Tamén forma parte do expediente administrativo da décima actualización do PBA (ACT2026_06) a información descargada desde as fontes de acceso á información dixital actualizada que figuran no anexo II de fontes de información do PBA.

3. Respecto da información achegada pola Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, relativa ao reaxuste aprobado na delimitación da área 15036011 do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia, abordarase a súa integración na vindeira actualización do PBA, unha vez resolta a consulta formulada por esta DXU ao devandito organismo e aínda pendente de resposta. O mesmo acontece respecto das alegacións recibidas en materia de defensa e cartografía.

ANEXO II

Memoria de cambios da 10ª actualización cartográfica do PBA (ACT2026_06)

1. Cambios na infraestrutura do visor do PBA:

1.1. Impleméntase a conexión coas bases de datos dos seguintes organismos sectoriais competentes, co obxecto de amosar a súa información xeográfica actualizada en todo momento:

– Infraestrutura Espacial do Rexistro Eólico de Galicia (https://www.arcgis.com/apps/webappviewer/index.htmlid=4bae3fad95b6439bacef9d1a316765e9) no relativo á posición das infraestruturas dos parques eólicos en funcionamento, autorizados ou en obras na CCAA (aeroxeneradores; torres de medición; CT/SUB).

– Infraestrutura Espacial da Axencia Galega de Infraestruturas (https://mapas.xunta.gal/visores/datos-trafico-RAEG/) no relativo á localización e trazado da Rede autonómica de estradas de Galicia (RAEG).

– Infraestrutura de datos espaciales de ADIF (https://ideadif.adif.es/#!/index) no relativo á localización e trazado da infraestrutura ferroviaria e a súa zona de protección.

Asemade, a área delimitada como zona de protección da infraestrutura, calcúlase mediante un buffer virtual arredor dos tramos aloxados no servizo WFS do organismo sectorial (https://ideadif.adif.es/gservices/Tramificacion/wfs?request=GetCapabilities). Esta ten carácter orientativo e prevalece, en todo caso, a calculada con maior detalle conforme a regulación establecida nas normas legais vixentes.

– Infraestrutura de datos espaciais do Ministerio para a Tansición Ecolóxica e o Reto Demográfico (https://www.miteco.gob.es/es/cartografia-y-sig/ide/descargas/agua/demarcaciones-hidrograficas-phc-2022-2027.html) no relativo aos límites dos ámbitos das demarcacións hidrográficas que constan nos plans hidrolóxicos do terceiro ciclo de planificación 2022-2027.

Para coñecer o historial de cambios das capas de información que publican datos externos vinculados (DEV) debe acudirse á infraestrutura de datos espaciais de cada organismo sectorial mediante a icona «URL» da ferramenta «Selección de capas».

1.2. Habilítanse, nos bloques de información de Sistema de asentamentos e de instrumentos de ordenación do territorio da ferramenta Selección de capas, as iconas URL que permiten acceder ás web e ás bases de datos propias dos organismos sectoriais para completar información.

Así, no caso de Sistema de asentamentos impleméntase a icona URL, que permite acceder ás webs do Nomenclátor de Galicia (https://www.xunta.gal/toponimia-e-nomenclator; https://www.xunta.gal/nomenclator/busca-directa) e no caso de instrumentos de ordenación do territorio a icona URL, que permite acceder á web do SIOTUGA para ampliar a información dos instrumentos de ordenación do territorio (https://siotuga.xunta.gal/siotuga/iot).

2. Cambios na información xeográfica do PBA:

2.1. Sistema de asentamentos.

A actualización da información relativa ao sistema de asentamentos para adaptala ao Decreto 27/2026, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia, aínda está en proceso por parte do organismo competente e integrarase nas vindeiras actualizacións do PBA.

2.1. Instrumentos de ordenación do territorio.

Engádense as delimitacións dos seguintes instrumentos de ordenación do territorio que acadaron a súa aprobación definitiva:

• OT-05-067_Modificación do parque eólico de Chan do Tenón (aprobación definitiva do 16.11.2006, DOG número 238, do 13.12.2006). Engádese na planimetría do PBA representado mediante unha entidade xeográfica tipo punto co seu nome e código asociados ao carecer de documento dilixenciado dispoñible.

• OT-22-047_Proxecto de interese autonómico para a ampliación da Casa Grande de Xanceda, no concello de Mesía (aprobación definitiva do 3.11.2025, DOG núm. 233, do 2.12.2025).

• OT-22-032_Modificación puntual nº 1 do Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Parque empresarial de Vilanova de Arousa I (aprobación definitiva do 29.12.2025, DOG núm.16, do 26.1.2026).

• OT-22-004_Proxecto de interese autonómico do aparcadoiro de vehículos pesados na ligazón da Balsa, da VG-20 coa PO010, no concello de Vigo (Pontevedra) (aprobación definitiva do 16.2.2026, DOG núm. 48, do 14.4.2026).

• OT-15-013_Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das areeiras da Limia (aprobación definitiva do 30.6.2025, DOG núm. 68, do 14.4.2026).

Asemade actualízase a información relativa aos seguintes instrumentos de ordenación do territorio que figuran incorporados no PBA:

• Información xeográfica da capa relativa aos plans sectoriais das redes viarias aprobados na CCAA acorde á información facilitada o 21.4.2026 pola Axencia Galega de Infraestruturas e seguindo os criterios facilitados polo dito organismo.

• Información xeográfica das capas relativas aos proxectos de interese autonomico dos parques eólicos (_PIA_Eolicos_) e as capas relativas os proxectos de interese autonómico doutras temáticas diversas (_PIA_Outros_), para engadir os recintos de clasificación do solo derivados dos documentos publicados no SIOTUGA e reinterpretados segundo o réxime transitorio da LSG.

2.3. Augas.

Actualízase a información relativa ás zonas de fluxo preferente e ás zonas inundables fluviais T500 e T100 da rede hidrográfica da CCAA, acorde á información descargada das URL facilitadas polas distintas confederacións hidrográficas competentes (Augas de Galicia (26.3.2026); Cantábrico (31.3.2026); Miño Sil (1.4.2026); Douro (31.3.2026):

https://mapas.xunta.gal/visores/dhgc/

https://nodoide.chcantabrico.es/nodoIDE/download-services.html

https://www.chminosil.es/es/ide-mino-sil

https://mirame.chduero.es/chduero/viewer

https://www.miteco.gob.es/es/cartografia-y-sig/ide/descargas/agua.html

https://centrodedescargas.cnig.es/CentroDescargas/home

2.5. Transporte.

No tocante á Rede autonómica de estradas de Galicia (RAEG), engádese a información do dominio público viario e á zona de afeccion da RAEG, e se actualiza a información dos proxectos viarios aprobados, conforme as instruccións e a información remitidas pola AXI o 21.4.2026.

2.6. Portos.

Actualízase a capa de información relativa ás sinalizacións dos portos do Estado acorde á información descargada o 11.3.2026 da URL facilitada polo organismo competente (https://portalaton.puertos.es/portalAton/facesanonimo/app/incidencias/lookup/listadoIncidencia.xhtml).

2.7. Patrimonio cultural.

Actualízase a información xeográfica de varias capas relativas ao patrimonio cultural acorde á información achegada polo órgano competente o 21.4.2026, que foi tratada segundo as indicacións dadas polo persoal da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

En todo caso, os bens recollidos nos catálogos dos instrumentos de planeamento teñen a todos os efectos a consideración de bens catalogados desde a data de aprobación definitiva do dito instrumento.

Asemade, os contornos de protección recollidos na cartografía do PBA teñen un carácter subsidiario, prevalecendo, en todo caso, os ámbitos definidos pola norma legal vixente, en particular, os definidos nos catálogos do planeamento.

2.8. Costas.

Actualízase a información da capa relativa á zona de influencia, acorde á información descargada o 13.3.2026 da URL facilitada polo organismo competente (https://www.miteco.gob.es/es/cartografia-y-sig/ide/descargas/costas-medio-marino/deslinde-dpmt.html).

Calculouse unha zona de influencia de costas estimada de 500 m que ten carácter orientativo, prevalecendo, en todo caso, a determinada segundo os textos legais vixentes.

2.9. Minaría.

Actualízase a información da capa aos dereitos mineiros vixentes na CCAA, acorde á información facilitada o 17.4.2026 pola Cámara Oficial Mineira de Galicia.

2.10. Acústica.

Elimínase a capa de información relativa ás áreas de incidencia acústica estimada de 200 m arredor da posición real dos aeroxeneradores dos parques eólicos en funcionamento por ser unha información desactualizada coa actual normativa reguladora e coa información publicada no xeovisor do Rexistro Eólico de Galicia.

2.11. Varios.

Actualízase a información dos lumes relativos ao ano 2025 segundo a información facilitada o 6.3.2026 pola Dirección Xeral de Defensa do Monte, a través do Instituto de Estudos do Territorio.

3. Información xeográfica actualizada do PBA en formato vectorial:

A información xeográfica actualizada do PBA en formato vectorial shapefile está contida nun arquivo comprimido, que se identifica coa seguinte pegada dixital (algoritmo SHA-256 e formato hexadecimal en ASCII (Base 16):

8547523238A38F310C80FE59EF159C443A6B4891A411A56AF7CF9DF300DACEEBh

Non se inclúe neste arquivo comprimido a información xeográfica que se incorpora ao PBA mediante datos externos vinculados (DEV) con plataformas dos organismos sectoriais que posúen unha infraestrutura de datos espaciais propia.

4. Cambios nos documentos do PBA:

Como resultado da información recibida e dos cambios feitos na información xeográfica do PBA, actualízanse os seguintes documentos do PBA; todos eles accesibles desde o Portal de Territorio e Urbanismo e o visor cartográfico do PBA:

– Anexos

• Anexo I: Marco legal.

• Anexo II: Fontes de información.

• Anexo III: Instrumentos de ordenación do territorio.

• Anexo IX.I: Listaxe de bens de interese cultural de Galicia.

• Anexo IX.II: Listaxe de bens do catálogo de patrimonio cultural de Galicia.

– Planos.

• Planos de delimitación dos ámbitos de aplicación dos instrumentos de ordenación do territorio.

• Planos de delimitación das afeccións sectoriais.

No caso dos planos deben entenderse actualizadas todas as series cartográficas do PBA xeradas en formato PDF dende a ferramenta «Imprimir» do visor PBA (escala 1:10 000 e escala libre).

A identificación dos asentamentos de poboación existentes intégrase nos planos de delimitación dos ámbitos de aplicación dos instrumentos de ordenación do territorio e das afeccións sectoriais.

– Catálogo.

Actualízase a información do Catálogo do PBA.