O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o xoves 28 de maio de 2026, adoptou, entre outros, o Acordo de aprobación definitiva segunda do Plan especial de infraestruturas e dotacións de Casas Novas (expediente 2024/U035/000001).
Constan no certificado do Pleno os seguintes acordos:
Primeiro. Emendar a ausencia da documentación mediante a incorporación dos planos, que si recolle o índice xeral do PEID, «PINFS_04_IOT_AFEC_02.2» e «PINFS_06PROTECC»; e proceder á aprobación definitiva segunda do documento presentado con data do 8.5.2026 (202699900004874) por Jaime Francisco Carro Merchán en nome de Pontegadea España, S.L., con CIF B82707720, que emenda e ratifica a anterior aprobación definitiva.
Segundo. Publicar a aprobación definitiva segunda no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
Esta publicación deberase realizar no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva. Igualmente, canda a publicación deste acordo publicarase a indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no medio ambiente da aplicación do plan, así como a referencia ao enderezo electrónico no que figurará o contido íntegro do plan á disposición do público.
Terceiro. Comunicar, en cumprimento do requirimento efectuado, o acordo de aprobación definitiva que antecede, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo para a súa inscrición no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, achegando un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado.
Cuarto. Notificar individualmente a aprobación definitiva segunda do plan especial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás que xa se lles notificou a aprobación inicial do mesmo, de conformidade co artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.
Para os efectos do disposto no punto segundo da parte dispositiva do acordo, publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, e poderase consultar a documentación íntegra na seguinte ligazón: https://sede.arteixo.org/sxc/gl/informacion/
Contra o dito acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do seu regulamento) no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.
Arteixo, 10 de xuño de 2026
O alcalde
P.D. (Decreto 1243/2025, do 8 de maio)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro delegado de Urbanismo
